![MANUAL DE USO DA LINGUA GALEGA MANUAL DE USO DA LINGUA GALEGA](https://librerialume.es/es/imagenes/9788491/978849121823.webp)
- Editorial:
- XERAIS
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-9121-823-4
- Páginas:
- 208
- Encuadernación:
- Cartoné
MANUAL DE USO DA LINGUA GALEGA
DOSIL, BENXAMÍN
Este «Manual de uso da lingua galega», dirixido a todas as persoas que queiran mellorar o seu nivel de galego escrito, é unha ferramenta lingüística de enorme utilidade. Clara, sinxela e concisa, conta cun gran número de nocións normativas para despexar dúbidas, consolidar coñecementos e orientar no correcto emprego da lingua. O libro divídese en catro partes principais: ortografía convencional, aspectos léxicos, cuestións gramaticais e estilo. Os contidos preséntanse estruturados e tratados de forma visual e práctica, con exemplos que axudan a comprender os conceptos e cun índice exhaustivo que facilita a consulta.