- Editorial:
- XERAIS
- Año de edición:
- 1998
- Materia
- Juvenil
- ISBN:
- 978-84-9782-607-5
- Páginas:
- 160
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- FORA DE XOGO
MALDITO DNI
CARBALLUDE, PEPE / PEPE CARBALLUDE
¡Maldito DNI! é a historia dunha decisión de morrer legalmente e así vivir á marxe da burocracia moderna. O seu desexo parece ben doado nun principio, mais axiña Olimpio Montes comprenderá que non é tan sinxelo vivir indocumentado nun mundo controlado pola información. ¡Maldito DNI!, novela moi divertida, ás veces desternillante, mantén ó lector atrapado polas situacións disparatadas, pero sempre verosímiles, que vai tecendo un home do noso tempo que pretende acometer unha loita individual contra a sociedade burocratizada na que vive, onde é moi difícil substraerse ó control que o estado realiza sobre tódolos seus cidadáns.