- Editorial:
- UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-18445-44-6
- Páginas:
- 435
- Encuadernación:
- Cartoné
EICHMANN EN XERUSALÉN
ARENDT, HANNAH
Entre abril e decembro do ano 1961 celebrouse en Xerusalén o xuízo contra Adolf Eichmann, tenente coronel da SS, encargado da expulsión xudía entre 1938 e 1941, e logo responsable do transporte de xudeus cando se aplicou a Solución Final no 1942 baixo as ordes de Reinhard Heydrich. Hannah Arendt, que chegou aos Estados Unidos como refuxiada xudeoalemá, asistiu ao xuízo como correspondente do periódico The New Yorker por petición propia. Tamén influíu nesta petición o seu interese na formación e creación dos réximes totalitarios, interese que xa se albiscaba no ano 1951 coa publicación d?As orixes do totalitarismo. No seu relatorio, Arendt recolle a biografía e traxectoria profesional de Eichmann e o papel que xogou no Reich, a súa detención en Arxentina en 1960 e as súas declaracións durante o xuízo, tras o cal foi sentenciado a morte e aforcado o 31 de maio de 1962. A escritora descubriu un axente do mal, autor de actos obxectivamente monstruosos sen motivacións malignas específicas para alén da súa condición de mero elo dentro da cadea xenocida do réxime nazi, o que conduce a Arendt a un relatorio sobre a banalidade do mal, pristinamente personificada na figura de Adolf Eichmann.