![AS MULLERES ESCRITORAS (1860-1870) AS MULLERES ESCRITORAS (1860-1870)](https://librerialume.es/es/imagenes/9788484/978848487004.webp)
- Editorial:
- EDICIONS LAIOVENTO S.L.
- ISBN:
- 978-84-8487-004-3
- Páginas:
- 358
AS MULLERES ESCRITORAS (1860-1870)
ARMAS GARCÍA, CELIA MARÍA
A década 1860-1870 é o período acoutado para analisar a participación da muller escritora, concretamente na prensa galega. Máis unha vez comprobamos canto descoñecemos sobre o país. Resulta chamativo o rigor na investigación realizada nas hemerotecas, e a capacidade para avaliar a escrita das respectivas escritoras, tanto en relación coa temática da emancipación das mulleres como na da reivindicación da Galiza. Visto o conxunto, resulta ainda máis relevante a singularidade do esforzo dunha muller como Rosalia de Castro, un caso estraño, que se decide a ir máis alá, como moi ben avalia Celia Ma Armas García. Nen aceitou resignada permanecer dentro da temática permitida ás mulleres nen se limitou a praticar o código lingüístico oficial e dominante.