0

Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : POESÍA 36 resultados

  • DO ABRAZO
    DO ABRAZO
    ALLEGUE, AZUCENA
    Os abrazos son de cor verde e crían bolboretas. Son simbióticos e soan a ritmo de rock. Veñen sen instrucións de uso, pero teñen uns pasos moi claros e marcados. Son flexibles e adaptables, sempre emocionais. Abrazos vividos e non vividos, apertas pensadas e repensadas, abrazos imaxinados, esquecidos, lembrados, e mesmo abrazos deixados a deber. ...
    En stock

    12,95 €

  • BRINDE E DESESPERO
    BRINDE E DESESPERO
    SANDE, MIGUEL / MIGUEL SANDE
    «Brinde e desespero» é unha observación distinta dos lazos familiares utilizando a palabra en vez do bisturí para extirpar un sentimento. Esoutra visión do amor na madurez como nunca se dixo antes. O ollar, coma un obxectivo, a enfocar os detalles máis cotiáns que temos diante e, en tantas ocasións, non nos decatamos. Un brinde pola imposibilidade. O desespero como algo doce na...
    En stock

    12,95 €

  • A BOCA DA TERRA
    A BOCA DA TERRA
    RIVAS, MANUEL
    A d?A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños. Lembra e soña: corren por estes eidos cabalos de cores insubmisas, a liña do horizonte está á espreita dun temporal de bolboretas. Esa natureza insurxente abrangue as perso...
    En stock

    15,50 €

  • LUGO PHILADELPHIA
    LUGO PHILADELPHIA
    PÉREZ, LOIS
    A procura do rock and roll de Lugo a Philadelphia, vía Nova York. Imaxes e versos atrás do «azucre marrón». Un pé no profundo e outro na lama do que non brilla. Honky Tonk Husqvarna. Como un ollo aberto do que nace ao mundo. Estrofa, retrouso e riff. E as pintadas de Lito Pereira nas paredes da Piringalla. Canta o cuco na Terra Chá cando ouvean os Rolling Stones. Sempre vagabun...
    Consultar disponibilidad

    18,50 €

  • DE CATRO A CATRO
    DE CATRO A CATRO
    MANUEL ANTONIO
    Publicado en 1928, «De catro a catro», de Manuel Antonio, é un dos libros máis abraiantes da literatura galega e converteu o seu autor nun referente ineludible das vangardas europeas. Manuel Antonio asumiu a vangarda como a única posibilidade de escribir poesía no seu tempo e, en palabras de X. L. Méndez Ferrín, humaniza os seus poemas a partir dunha «profunda vivencia do mar, ...
    Consultar disponibilidad

    9,95 €

  • BAIXO TERRA. NO AR
    BAIXO TERRA. NO AR
    LÓPEZ RODRÍGUEZ, MANUEL
    O que pode ser e non é garda a esencia mesma do poema. Todo o que está prohibido agocha, en si mesmo, a orixe primeira que ilumina o sendeiro que hai que percorrer, cuxo trazado delictivo queda fóra das normas castradoras da tribo. En «Baixo terra. No ar» un personaxe en estado de ansiedade loita contra a realidade por atopar a porta de fuxida. Só no instinto fica a propia cond...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • INTIMIDACIÓN
    INTIMIDACIÓN
    COLECTIVO MAIAKOVSKI
    Que nos intimida ante o que vai acontecer? Que medo acirra os latexos dos nosos corazóns? Que alento xélido lambe as nosas calugas? Que parálise eiva os nosos espíritos para que non se desanoen en liberdade? Que veleno empezoña o fluír axitado do noso sangue? Que nos detén, arrepiados, diante dos espellos? Que ameaza o futuro, cada intre do futuro? A intimidación converteuse no...
    Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • LIXEIRO
    LIXEIRO
    RAMOS, ISMAEL
    «Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús... Todos eles atravesan este poemario, que foxe coma un...
    Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • A GUERRA ERA CONTRA NÓS
    A GUERRA ERA CONTRA NÓS
    DA AIRA, CARLOS
    «A guerra era contra nós» é unha visión metafórica, poética e mítica da humanidade que se constrúe como un compendio de premonicións, relatos e lendas que explique o porqué, o como, o para que do pasado, presente e futuro da nosa condición humana. Por que a humanidade aínda non vive libre e feliz despois de milenios de historia? Que acontecería se a única linguaxe posible fose ...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • DENTE DE LEITE
    DENTE DE LEITE
    NOGUEIRA, ARANCHA
    dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia. O cotián, desde a tenrura e a lucidez dunha nena, vai amparado na figura totémica da nai, omnipresente no proceso de aprendizaxe da cativa, malia que no futuro a lembranza converte a nai nunha estraña, como case todo o que poboaba a nenez. En dente de leite, am...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • NINGUÉN MORREU DE LER POESÍA
    NINGUÉN MORREU DE LER POESÍA
    ALDAOLADO
    Ninguén morreu de ler poesía é unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un souvenir, un «estiven en Aldaolado e acordeime de ti». Pégao na porta do frigorífico. Técelle un tapete de fío e pono derriba da tele. ...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • ÓRBITA
    ÓRBITA
    DO AR, LARA / H¦ LARA,J.A.
    " Órbita " recolle as voltas da intimidade contra o Universo, o baile que non se deixa guiar, implacable. As viraxes dunha década peneirando a luz ata o punto certo. Afiando a lixa para queimar o veo. Nunha orde inversa, móstranos a translación da identidade, a dixestión das estacións para liquidar as estrelas. ...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • ONDE NACEN AS HEDRAS
    ONDE NACEN AS HEDRAS
    VARELA, ANA
    " Onde nacen as hedras " é un libro que agroma dun derrubamento e constrúe a cartografía dunha caída, do proceso de perda e abandono. Os poemas sitúannos no lugar do oráculo que todo o ve, desde os sinais que anuncian a primeira fenda até que nos asomamos ao oco, a ruína mesma. Alí, onde nacen as hedras que cosen a memoria e terman da palabra, fica só o poema como testemuño do...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • SANDALIAS VERDES, ZAPATOS AZUIS E CANS NEGROS
    SANDALIAS VERDES, ZAPATOS AZUIS E CANS NEGROS
    G. REGO, PILAR
    Os versos de Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros flúen do goce do tempo, da luz nas pernas, das cicatrices xusto onde agroma a vida, do niño esfiañado e do adeus. Hai que descalzarse para transitar pola propia vida. Só ti podes arrastrar a túa armadura e acostumarte a vivir cos cans negros pegados ás pernas. Hai que aprender das árbores e pasar ao próximo anel, físgo...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • FORNELOS & FORNELOS: TERCEIRA FUNDACIÓN
    FORNELOS & FORNELOS: TERCEIRA FUNDACIÓN
    XERARDO QUINTIA
    A través dunha arquitectura sólida e un universo poético enlazado na mellor tradición literaria occidental e galega, Xerardo Quintiá ofrece en Fornelos & Fornelos: terceira fundación un poemario entendido como unha proposta aberta, non pechado en si mesmo, que se revela como o fragmento dun corpo poético concibido como Obra Única. Aquí, a palabra procura redimir os espazos fí...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • TRANSMATRIA
    TRANSMATRIA
    ASOREY, DANIEL
    Transmatria é un libro contundente, comprometido, con versos que agroman do corpo e da súa capacidade transformadora. Os seus poemas constrúen unha escrita a favor da dignidade, das identidades sexuais e de xénero, empregando unha lingua que quere renacer, renovarse e ser libre. Este libro de Daniel Asorey Vidal abre un espazo sen muros, pon en valor a sociedade desposuída e ba...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • AS BOLBORETAS DO MEKONG
    AS BOLBORETAS DO MEKONG
    SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO
    No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm. Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra ...
    Consultar disponibilidad

    20,50 €

  • O XIRO
    O XIRO
    GÓMEZ, NOELIA
    Este libro debúxase no aire cos arames que forman o tramado do coñecido, e vólvese estraño a causa do movemento. Coma unha escultura de Calder, Noelia Gómez bota man de cores primarias dándolles forma e fondo ata facelas xirar serpentinas. Poemas de lugar ensamblados pola presenza do corpo e a procura de paisaxes onde enmarcar a identidade. O xiro é o primeiro poemario dunha au...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • GALICIA EN BUS
    GALICIA EN BUS
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    " Galicia en bus " é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo. Este libro, co que a escritora María Reimóndez gañou a XX edición do Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu, afonda na identidade perso...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS
    SOÑOS. ARQUIVOS. CARTAS
    CEBREIRO, MARÍA DO / MARIA DO CEBREIRO
    " Soños. Arquivos. Cartas " é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. " Soños. Arquivos. Cartas " componse...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • CULPABLE
    CULPABLE
    RIOS, ELI / ELI RIOS
    «Declárome culpable: / asasinei o eu lírico». Estás convidada, querida persoa lectora, a participar neste crime e a acumular a ficción da cultura de masas e da " high art " . Avisada quedas desde agora: has ter que tomar decisións: unha corredoira ou a outra. Nunca no medio. Soltarás cancelas (enxértese unha advertencia aquí) e bosquexarás sorrisos neste enredo paranoico dos ...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • A CADENCIA DA FRACTURA
    A CADENCIA DA FRACTURA
    XUBÍN, ISAAC
    O neno acudía sempre á liturxia e chegou a ser consciente da relevancia das contradicións, o seu significado, aprender a desobedecer. O neno nacera, de feito, no lugar en que abrolla a propia execución da cerimonia que cantaba a praxe dunha supervivencia que despois o obrigou a desfacerse de todo aquilo que daba forma ao culto, tivo que aprender a cruzar os ríos. Foi así como p...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • BEIXOS DE LINGUA
    BEIXOS DE LINGUA
    BARREIRO, PACO
    Os fonemas bulen, choutan de palabra en palabra. A palabra préndeos e a propia acción da apropiación ten consecuencias, crea o ser, o significado. E nace o xogo, neste caso o palíndromo «o ser para preso». Este libro é a consecuencia de xogar co xugo dos fonemas, o son da lingua. «Cando apreso fonemas non só teño unha presa, a palabra; tamén aprendo, conformo ideas e recibo o b...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • A ELEGANCIA DO SÉCULO
    A ELEGANCIA DO SÉCULO
    TEJELO, PURA
    Camiñar polos versos de A elegancia do século é facelo polas rúas de calquera cidade. Só cómpre a disposición dunha ollada atenta e solidaria, pois non é outra a mirada da poeta sobre a realidade cotiá. En efecto, a cidade e os seus moradores son o centro do poema. A cidade é metáfora da humanidade, encrucillada de vidas e de camiños polos que van chegando xentes nun deambular ...
    Agotado

    14,50 €

  • TERRAZA
    TERRAZA
    ALONSO, FRAN / FRAN ALONSO
    Un home contempla a vida e o paso do tempo desde a terraza dun bar e escribe poemas mentres toma un café. Pero a vida ?e o tempo?, coma un agromo que se renova cada día, nunca se detén, nin nas miradas extraviadas dos perdedores, nin na arrogancia indomable dos adolescentes, nin no narcisismo fetichista das redes sociais, nin na estrañeza das avestruces que se ocultan, nin na a...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • O CUARTO DAS ABELLAS
    O CUARTO DAS ABELLAS
    OTERO, ANTÍA
    Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte ?escribiu ela nunha carta? é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.» " O cuarto das abellas " é unha abellariza de palabras, unha estrutura pechada e inquietant...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • VIVA GALICIA BEIBE
    VIVA GALICIA BEIBE
    REIXA, ANTON
    Neste libro Antón Reixa xuntou as cancións que escribiu dende 1982 até 2016 para o grupo do que é cantante, Os Resentidos, así como as poucas mercenarias, compostas para outros artistas. Un cancioneiro de case cento cincuenta pezas escritas para a xente e de costas ao onanista mundo literario por un poeta camuflado na estrita métrica visceral do rock and roll e sometido á erosi...
    Consultar disponibilidad

    19,95 €

  • EXHUMACIÓN
    EXHUMACIÓN
    ABALDE COVELO, MARCOS / MARCOS ABALDE COVELO
    En ?Exhumación?, a xuízo do xurado que lle concedeu o Premio Manuel Lueiro Rey, escóitase «o tempero dunha voz moi afinada, chea de resonancias e lecturas que o autor soubo procesar para ofrecer unha aproximación ben persoal a temas e motivos entre os que a memoria dos desfavorecidos, represaliados e desherdados resulta decisiva». Ademais, o xurado subliñou do poemario a súa «a...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • MASCULINO SINGULAR
    MASCULINO SINGULAR
    NEGRP ROMERO, CARLOS / CARLOS NEGRO
    Masculino sirefutaci¢n d linguaxe donunha revoluprecisamos hMasculino siconstr£e m ialg£ns homesnada semellatemplo onde ...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • TEORÍA DO RISO
    TEORÍA DO RISO
    PATIÑO, ANTÓN
    É posible un riso libertario que rache coa gaiola de ferro? Esa é a pregunta invisible que percorre este libro. O entroido da revolta daquela toma corpo. Un océano de risas contra a reixa de ferro. É posible acadar unha revolta de risos? Chegar ata o Gran Riso? Onde está o cronotopo da revolta? Instantes poéticos a escintilar, breves configuracións de palabras ingrávidas, secue...
    Consultar disponibilidad

    15,50 €


01 02