0

Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : MERLIN 11 37 resultados

  • CONTOS POR PALABRAS
    CONTOS POR PALABRAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN / AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
    Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. " Unha chave non é suficiente " é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que " se duplica calquera chave, con ou sen mostra " . " O caso do unicornio azul &...
    En stock

    9,95 €

  • AVIÓNS DE PAPEL
    AVIÓNS DE PAPEL
    ESTÉVEZ, XAVIER
    Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá? Grazas a ese avionciño coñecéronse Lucas e Sara, un mozo e unha moza de sexto,...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • TODO O TEMPO DO MUNDO
    TODO O TEMPO DO MUNDO
    PEREZ IGLESIAS, DAVID
    Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das ...
    No disponible

    13,50 €

  • ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA
    ESMERALDINA, A PEQUENA DEFUNTA
    COSTAS ÁLVAREZ, LEDICIA / COSTAS, LEDICIA
    O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • SOÑOS DE MAR
    SOÑOS DE MAR
    RIVADULLA CORCÓN, X. H.
    Alex é un neno que estuda sexto de primaria e quere ser poeta. Está namorado de Lola, a súa compañeira de clase, e vai vivir unha inesperada aventura que comeza cando atopa, nun soto da igrexa parroquial de Santa María de Muxía, un pergamiño que contén un poema inacabado firmado por un descoñecido trobador da Muxía do século XII: Martiño da Grixa. A Lola gustaríalle saber se o ...
    Consultar disponibilidad

    11,95 €

  • O FÍO VERMELLO
    O FÍO VERMELLO
    ALFAYA, AN
    A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra. Dende entón, Melchor e Margarita, os seus pais, non perderon n...
    Consultar disponibilidad

    11,95 €

  • O CASTAÑEIRO DE ABRIL
    O CASTAÑEIRO DE ABRIL
    FRAGA, ANTONIO / ANTONIO MANUEL FRAGA
    Buto, o zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado do seu can, Barriga Branca, Baltasar vende na praza dos Zoqueiros soldadiños e bailarinas de madeira, labradas coa súa navalla, coa intención de xuntar car...
    No disponible

    13,50 €

  • A CHAVE DA ATLÁNTIDA
    A CHAVE DA ATLÁNTIDA
    FARIÑA, ANXO
    Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaba...
    Consultar disponibilidad

    12,50 €

  • PALABRAS DE AUGA
    PALABRAS DE AUGA
    CALVEIRO, MARCOS
    O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamé...
    Consultar disponibilidad

    12,50 €

  • A CHAVE DA ATLÁNTIDA
    A CHAVE DA ATLÁNTIDA
    FARIÑA, ANXO
    Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaba...
    Consultar disponibilidad

    13,00 €

  • A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
    A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA / TERESA GONZALEZ COSTA
    Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.O ...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • O MISTERIO DAS BADALADAS
    O MISTERIO DAS BADALADAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confun...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE
    XENARO E O MISTERIO DA MOCHILA VERDE
    GUERRA CID, MAR
    A Xenaro Conese Maiúsculo o que máis lle gusta é xogar coas palabras e ler. Tamén lle gustan os xogos de computador, o xadrez, os cómics, os documentais e a música...; porén, pode parecer un bicho raro porque tamén lle encanta facer de detective e resolver misterios dos que se producen no Universal, o seu colexio. Xirando arredor da amizade e os seus modelos e xogando coa lingu...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • XENARO E A HUCHA DO INDIANO
    XENARO E A HUCHA DO INDIANO
    GUERRA CID, MAR / GUERRA, MAR
    A Xenaro Conese Maiúsculo complicanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña. Por riba, o seu amigo da alma, Flipe Efes, compórtase dun xeito moi estraño, coma se agachase algún segredo. Resolver o misterio da Horta dos Reis seralle o d...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • O MONSTRO DAS PALABRAS
    O MONSTRO DAS PALABRAS
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio da...
    Consultar disponibilidad

    11,95 €

  • LIXO
    LIXO
    LOPEZ RODRIGUEZ, XAVIER
    Fogar refuxio, fogar cárcere, rúa fogar. Confortable liberdade coutada na casa ou arriscada liberdade sen teito asegurado. Expulsada do gris paraíso familiar, a protagonista de Lixo vese na obriga de enfrontar o inferno exterior, onde a despensa está nos contedores de refugallos, coas armas que ten en cada momento. Armas como a voluntaria opción de facerse pasar por home para m...
    Consultar disponibilidad

    10,95 €

  • OS PIRATAS DA ILLA DA ESPERANZA
    OS PIRATAS DA ILLA DA ESPERANZA
    RIVADULLA CORCÓN, X. H.
    A Illa do Tesouro é o libro máis especial para os cinco membros do Club de Lectura Pedra dos Corvos. Cando coñecen ao Vagabundo, un vello e nobre navegante, que se convertirá en un amigo máis da panda, vivirán unha arriscada aventura que os levará a embarcarse no Praia de Quenxe para procurar un tesouro na illa da Esperanza e a enfrontarse a un situación tan inesperada coma dol...
    Consultar disponibilidad

    12,50 €

  • DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA
    DÚAS BÁGOAS POR MÁQUINA
    CASALDERREY, FINA / FINA CASALDERREY
    Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea.O caso é que...
    Consultar disponibilidad

    9,95 €

  • USHA
    USHA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova vis...
    Consultar disponibilidad

    12,50 €

  • A MALVADA MARÍA XOSÉ
    A MALVADA MARÍA XOSÉ
    VÁZQUEZ FREIRE, MIGUEL / MIGUEL VAZQUEZ FREIRE
    María Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa mesma clase está Viri, outra rapaza da mesma idade, moi afeccionada ás novelas de pandas.Viri monta unha panda, xunto con varios nenos e outras dúas rapazas da clase. María Xosé decide gastarlles unha broma que acabe, dunha ve...
    Consultar disponibilidad

    9,95 €

  • O TESOURO DA LAGOA DE REID ' IS
    O TESOURO DA LAGOA DE REID ' IS
    AGRA, AGUSTÍN
    Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid?Is. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor incalculable...
    Consultar disponibilidad

    11,95 €

  • CHARLIE E A FABRICA DE CHOCOLATE
    CHARLIE E A FABRICA DE CHOCOLATE
    DAHL, ROALD
    O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azu...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • CHARLIE E O GRANDE ASCENSOR DE CRISTAL
    CHARLIE E O GRANDE ASCENSOR DE CRISTAL
    DAHL, ROALD
    Nesta continuación de ?Charlie e a fábrica de chocolate?, Charlie, o noso heroe, a súa familia toda e o señor Wonka utilizan un novidoso medio de transporte -un grande ascensor de cristal dotado dos medios técnicos máis avanzados- para chegar ata a fábrica das marabillosas lambetadas e facerse cargo da súa dirección. De repente, por mor dun fallo técnico, as cousas comezan a ir...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • DANNY, O CAMPIÓN DO MUNDO
    DANNY, O CAMPIÓN DO MUNDO
    DAHL, ROALD
    Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de seu pai, que para el é o máis marabilloso do mundo. Vivían nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz, situado detrás dunha gasolineira na que ademais facían algunhas reparacións. Os xoguetes de Danny foron as rodas, os cegoñais, toda esa zarrapallada dos motores e demais ...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • O FUTURO ROUBADO
    O FUTURO ROUBADO
    CARIDE, RAMÓN
    Said e Sheila, os dous rapaces do futuro que xa protagonizaron Perigo vexetal (Premio Merlin 1995) e Ameaza na Antártida, viven nesta ocasión a súa aventura máis arriscada e transcendente. Cando a súa amiga Irina chega a visitalos ó muiño de Loreda atópase coa súa repentina e misteriosa desaparición ¿Que lles aconteceu? Axiña o saberedes...Nesta ocasión, Said e Sheila terán que...
    Consultar disponibilidad

    11,95 €

  • A MERLA DE TRAPO
    A MERLA DE TRAPO
    CORTIZAS, ANTÓN
    A merla de trapo, a obra de Antón Cortizas gañadora do Premio Merlín 2001, é unha historia de fadas pero que non ten fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xan...
    Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • FEITIZO
    FEITIZO
    MIRANDA, XOSÉ
    Marta ten unha nai bruxa. Si, bruxa, bruxa das de verdade, que xa se sabe que ninguén cre nelas, pero que habelas hainas. A Marta, se cadra, non lle preocuparía nada iso de ter unha nai bruxa. O malo é que as nais bruxas queren que as súas fillas tamén o sexan e iso si que a Marta non lle gusta nadiña. A Marta non lle vai iso de voar montada nunha vasoira e facer esconxuros máx...
    Consultar disponibilidad

    9,95 €

  • A NEGRURA DO MAR
    A NEGRURA DO MAR
    CARIDE, RAMÓN / RAMON CARIDE
    O presente volume inclúe unha novela (?A negrura do mar?) e dous relatos longos (O misterio do Prión? e ?A primeira aventura?) que constitúen unha nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en ?Perigo vexetal?, que tiveron novas entregas na colección Merlín, ?Ameaza na Antártida? e ?O futuro roubado?. Said...
    Consultar disponibilidad

    12,50 €

  • DÉIXAO MEDRAR
    DÉIXAO MEDRAR
    GÓMEZ XURXO, SILVESTRE
    Paio ten catorce anos e é moi bo xogando ó fútbol. As persoas que están a carón do rapaz manteñen discursos diferentes: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto e facerse rico e famoso; súa nai, o mesmo que o adestrador do equipo, desexa que Paio xogue e se divirta sen pensar en condicionantes extradeportivos. E ademais está Ana, a rapaza coa que anda a vivir unha tenra e ...
    Consultar disponibilidad

    9,95 €

  • COS PÉS NO AIRE
    COS PÉS NO AIRE
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Cos pés no aire é unha novela breve que recolle a historia de Daniel, un oficinista que leva unha vida monótona e gris. Un día, de xeito casual, descobre que pode elevarse polo aire con só desexalo intensamente. Temeroso de que outras persoas descubran o seu segredo, Daniel vese forzado a modificar todos os seus hábitos. Pero o cambio maior virá cando descubra que non é el só ...
    Consultar disponibilidad

    11,95 €


01 02