- Editorial:
- XERAIS
- Año de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-9121-505-9
- Páginas:
- 136
- Encuadernación:
- Bolsillo
QUÉROTE. EU TAMPOUCO
F. SANTOMÉ, CECILIA
Poden dúas persoas á deriva salvarse mutuamente? Pode a necesidade de amar e ser amado abondar para sobrevivir cando a burbulla da felicidade estalou en mil anacos?
Grace e Frank son dous superviventes de si mesmos nun Londres cheo de focos vitais. Son o tráxico resultado de anos e anos de inseguridades, medos, carencias afectivas e unha busca desesperada de aprobación na ollada allea.
Cando os seus presentes chocan e se funden nun único futuro, a súa sorte está botada. Illados de todo e de todos, iniciarán unha fuxida cara adiante que lles procure o que a vida ata entón lles negou: unha verdadeira familia.
Pero, ás veces, o destino ten outros plans...