0
OS GOLFIÑOS E O XIGANTE

OS GOLFIÑOS E O XIGANTE

INACIO / VILARIÑO SANMARTÍN, INACIO

9,80 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Editorial:
BAIA
Año de edición:
2017
ISBN:
978-84-9995-219-2
Páginas:
36
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
BARRIGA VERDE
9,80 €
IVA incluido
Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

Obra gañadora do XII Premio Barriga Verde de texto para teatro de monicreques modalidade infantil (AGADIC). Co-edición con AGADIC.
Pasaron xa dez anos desde que o xigante Bao Xi Xhum salvou dous golfiños do acuario de Fushun dunha morte certa. Por aquel entón, Bao era considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta e, grazas ao seu longuísimo brazo, conseguiu extraer dúas almofadas de piscina do esófago dos golfiños. A nova, publicada en todos os xornais do mundo, chamou a miña atención, non tanto por ter salvado os animaliños, aínda que tamén, senón porque amosaba dun xeito moi gráfico a necesidade de que cada un de nós acepte a súa diferenza e de ser aceptados como somos.
Desde aquela, alberguei o desexo de contar con sombras chinesas esta historia, pero para este fin debía mudar a estratexia. Xa non podía partir, como fixera anteriormente, da tradición oral dos contos populares para falar da realidade actual, senón que agora tocaba converter en fábula un suceso do real. Até o momento, fixera do conto unha ?cousa? e agora tocaba facer da ?cousa? un conto. A solución para esta transformación en fábula veu dada pola propia traxectoria vital de Bao Xi Xhun, un camiño de renuncia á vida social que o levou desde as máis altas cotas de popularidade ao illamento como pastor de cabras na súa aldea mongol.
Decidín contar isto como se dunha road movie se tratase onde a protagonista, a domadora do acuario, vai tras as pegadas de Bao por toda a rexión, para o que deberá superar diversas probas. Na súa procura, recibirá a axuda das persoas coas que se cruza no camiño, todas elas fascinadas pola personalidade xenerosa e entrañable do xigante.

Artículos relacionados

  • CATALINA Y LOS BOSQUES DE HORMIGON
    CATALINA Y LOS BOSQUES DE HORMIGON
    ANA LAURA BARROS Y DAVID ACERA
    En stock

    13,00 €

  • ASTROLABIO
    ASTROLABIO
    ROMEU, PACO
    Premio SGAE de Teatro Infantil 2018Esta es la historia del viaje de Duna, una niña beduina. Un recorrido largo y circular, un periplo de ida y vuelta que llevará a su protagonista a los lugares más remotos e insospechados. Pero lo realmente importante de esta odisea es que le permite encontrar su lugar en el mundo y llegar a lo más profundo de sí misma. ...
    Consultar disponibilidad

    11,50 €

  • TEATRO PARA NIÑOS
    TEATRO PARA NIÑOS
    FORTÚN, ELENA
    Elena Fortún, además de crear la exitosa serie de Celia, escribió teatro infantil pensando en su representación por los más pequeños, en casa o en el colegio. Su obra Teatro para niños, publicada por primera vez en 1935, recoge doce comedias en un acto escritas con anterioridad a la guerra civil, en un contexto de ruptura con los desfasados moldes del teatro infantil decimonóni...
    Consultar disponibilidad

    17,90 €

Otros libros del autor

  • O CASTIÑEIRO DO APALPADOR
    O CASTIÑEIRO DO APALPADOR
    INACIO / VILARIÑO SANMARTÍN, INACIO
    Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos? Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificacmente ilustrada a toda cor. ...
    Consultar disponibilidad

    10,40 €