- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA
- Año de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-9151-408-4
- Páginas:
- 904
- Encuadernación:
- Bolsillo
- Colección:
- ENSAIO
INDIVISA MANENT. ESTUDOS EN HOMENAXE A JESÚS DE JUANA
ESTUDOS EN HOMENAXE A JESÚS DE JUANA
PRADA R., JULIO / RODRIGUEZ T., DOMINGO
Hai quen pensa, como o homenaxeado neste libro, que somos un río breve, curto, feito de tempo material, escaso e parco, de auga esvaradía e lixeira.
Mais o tempo séntese unhas veces eterno e outras semella que durase só un instante. Determina os momentos que vivimos e resulta unha constante inmutable nas nosas vidas, sobre todo cando do seu estudo se fixo oficio. Parece que o río, a auga e a vida pasen e só o tempo permanece, inmóbil, no presente. Mais o río, a auga e a vida tamén permanecen; seguen sendo río, auga e vida. O mesmo que o que está unido tamén se mantén, como dalgún xeito simbolizan as achegas dos vinte e nove investigadores e amigos de Jesús de Juana que participan neste volume de homenaxe á súa persoa.