- Editorial:
- XERAIS
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-9121-637-7
- Páginas:
- 264
- Encuadernación:
- Rústica
- Colección:
- ENSAIO
DESPOXOS E VÍSCERAS ILUSTRES
QUEIZÁN, MAR¡A XOSÉ / QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
O corazón de Percy B. Shelley, poeta romántico inglés, é un dos protagonistas deste libro. Despois dunha morte por afogamento e de pasar varios días no mar, as amizades conseguen incinerar o escritor, pero a súa víscera do amor e dos sentimentos, a máis acaída ao romanticismo, resístese á desaparición para regresar a carón da súa amada Mary e do seu fillo Florence. O cerebro de Lenin, despois de morto este, será sometido polos dirixentes da Unión Soviética (que pretendían demostrar a súa excepcionalidade) a un rigoroso estudo que lles permita obter datos neurolóxicos sobre a intelixencia usando índices materiais, e en contra dos aspectos psicolóxicos e metafísicos. O corpo da socialista e marxista Rosa Luxemburgo, derramado pola auga, polo xeo e por diferentes animais do río Spree, será exhumado en tres ocasións.
En «Despoxos e vísceras ilustres», María Xosé Queizán desprázase pola existencia dos poetas románticos ingleses, pola política bolxevique en Rusia e na deriva do socialismo alemán despois da Primeira Guerra Mundial. Paralelamente, a través do mito e a percepción da realidade, do misterio e a truculencia de ilustres vísceras, entramos na historia de tres personaxes universais, tres vidas intensas e accidentadas, tres corpos alterados.