- Editorial:
- RODEIRA
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-8349-663-3
- Páginas:
- 264
- Encuadernación:
- Rústica
BEN (GALL.)
SANTOS TORRES, CARE
Hai persoas que espertan tanta fascinación como rexeitamento, que te atraen coma un imán e á vez bótante para atrás porque algo che di que é mellor apartarse delas. Esta é a historia dunha desas persoas. Chámase Ben, e se cadra xa oíches falar del. De feito, esta historia comeza nun funeral. O morto non chegaba aos 24 anos e foi asasinado. Uns tipos que o odiaban decidiron matalo a golpes. Á súa despedida só viñeron oito persoas. Que queda daqueles a quen quixemos, cando morreron? Nós. Quedamos nós. A nosa memoria, os nosos recordos. O que fagamos con eles.