- Editorial:
- XERAIS
- Año de edición:
- 2013
- ISBN:
- 978-84-9914-490-0
- Páginas:
- 56
- Encuadernación:
- Otros
AS PALABRAS DO SILENCIO
GRACIAN, ANXELA
Este relato recrea a Noite de San Valentín chinesa, tamén coñecida como Qixi, A Noite dos Sete ou Festival da Pega, paxaro que a autora decidiu simbolizar na Rula, tan da nosa tradición amorosa. Esa noite os namorados contemplan o ceo e falan de amor ao tempo que buscan as estrelas Vega e Altair, que representan os amantes desta antiga lenda da dinastía Han, na que se relata o amor entre a Princesa Tecedora, un ser máxico, e o Home das Vacas, tan só un humilde mortal.