- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2018
- Materia
- Infantil
- ISBN:
- 978-84-8464-786-7
- Páginas:
- 48
- Encuadernación:
- Cartoné
AS CATRO ESTACIÓNS
ABAD, JOSÉ ANTONIO
O esquío estaba marabillado. Correu dun lado para outro
no céspede mol, gabeou polas árbores rozándose cos gromos
e, dende o máis alto, chamou os demais esquíos:
«Saíde, axiña, chegou a primavera»...
As catro estacións, de Antonio Vivaldi (Venecia, 1678-Viena,
1741), é unha das mellores composicións da música barroca.
Precoz mestre de violín, o seu virtuoso creador chegou
a compoñer 600 concertos, 100 óperas e numerosas pezas
para instrumentos. Inspirándose nesta obra, José Antonio Abad
presenta un relato bucólico ambientado nun bosque,
onde describe os cambios estacionais: a primavera
co seu traxe de flores, o sofocante calor do verán, a chegada
do outono cando as árbores lle regalan ao vento a súa follaxe,
e a choiva de confeti branco do inverno.