- Editorial:
- EDICIONS LAIOVENTO S.L.
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-8487-521-5
- Páginas:
- 166
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- ENSAIO
A VERDE PEL DE GAIA
CONVERSA ENTRE UN DRUÍDA E UN BIÓLOGO NO BOSQUE
BARBIERO,GIUSEPPE / BARUZZI,ELENA / GASPAROTTI,FEDERICO
Imaxinade un encontro sorprendente entre dous estudosos da natureza, separados por dous mil anos de progreso científico. Unha xuntanza máxica onde un antigo druída e un biólogo moderno conversan, mentres que o lector descobre como a ciencia contemporánea está recuperando coñecementos perdidos e a bioloxía se focaliza cada vez máis na necesidade de achegarse a un estilo de vida natural.
Os protagonistas deste libro acompañaranvos nun paseo estimulante a través do bosque, entre árbores, cores, olores, razoando sobre a relación entre os elementos e dialogando sobre a sacralidade da vida en Gaia, o noso planeta, que chegaredes a comprender na súa esencia de organismo vivente. A conversa entre os dous sabios flúe espontaneamente, nun ir e vir de ideas para a reflexión en equilibrio constante entre ciencia e filosofía, bioloxía e espiritualidade, contemporaneidade e antigüidade