0
A CASA DA LUZ

A CASA DA LUZ

DOCAMPO, XABIER P.

9,95 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2002
Materia
Juvenil
ISBN:
978-84-8302-884-1
Páginas:
192
Encuadernación:
Rústica
Colección:
SOPA DE LIBROS 11
9,95 €
IVA incluido
En stock
Añadir a favoritos

Alicia é unha rapaza trastísima e, ao parecer, todo lle vén do seu ingobernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar. Cando Alicia e os seus amigos inseparables, Álvaro, Aida, Alba e Anxo se afanaban en construír unha cabana interminable onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andaba sempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. Alicia e a súa panda descubrirán que trala mudez do reverencioso Pumariño, arrástrase unha tristísima ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo de coñecer que impulsa Alicia levará a panda a amigarse con aquel toliño que vivía nunha casoupa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios: saquetiñas de tea que ocultaban xoais, aneis e brincos, moedas de ouro, reloxos de peto? Pero os maiores segredos que Pumariño desvelará a panda seran os seus debuxos, paisaxes marabillososas que ninguén en Eiravella sería quen de imitar e, sobre todo, a entrada á casa da luz, onde se aliñaban unha morea de cadros. Naquela casa da luz, Alicia e os seus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarte o pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantástica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que perderon as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda, un futuro que só se pode albiscar do outro lado dos cadros.
A casa da luz, a última novela de Xabier. P. Docampo, recolle a aventura dunha panda de rapaces e rapazas que entran en contacto co mundo da arte e da memoria da guerra dun tempo pasado. Unha aventura que vai acabar por modificar a súa forma de estar no mundo e que constitúe unha reivindicación, tamén, da beleza e da arte. Os cadros que atravesán os protagonistas, obra de grandes pintores como Dalí, Escher ou Palo Ucello, son recreados no libro polo ilustrador Xosé Cobas, empurrando ao lector xove de forma irresistible cara ao mundo da arte.

Artículos relacionados

  • TEÑO 14 ANOS, E NON É UNHA BOA NOVA
    TEÑO 14 ANOS, E NON É UNHA BOA NOVA
    WITEK, JO
    Efi regresa á súa casa na aldea tras o curso escolar na cidade. Aosseuscatorce anos, as vacacións e o reencontro coa familia e amigos énchena defelicidade. Porén, a realidade non tarda moito en golpeala con forza:alcanzou a idade núbil e os seus pais prometérona en matrimonio. Ossoñosde seguir estudando para converterse en enxeñeira e axudar a mellorarascondicións de vida da sú...
    En stock

    18,00 €

  • TENGO 14 AÑOS, Y NO ES UNA BUENA NOTICIA
    TENGO 14 AÑOS, Y NO ES UNA BUENA NOTICIA
    WITEK, JO
    Efi regresa a su casa en la aldea al terminar el curso escolar en laciudad. Tras la felicidad del reencuentro con familia, la realidad notardaen golpearla: ha alcanzado la edad núbil y sus padres la han prometido enmatrimonio. Los sueños de seguir estudiando para convertirse eningeniera yayudar a mejorar las condiciones de vida de su entorno saltan en milpedazos. Efi luchará po...
    En stock

    18,00 €

  • A CURVA DA PANTASMA
    A CURVA DA PANTASMA
    ALONSO, FRAN
    As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen moita historia. Partindo da estrutura e do espírito das lendas urbanas, Fran Alonso reescríbeas desde o presente en "A curva da pantasma", sen renunciar ao medo e ao misteri...
    En stock

    12,95 €

  • DONDE TODO BRILLA
    DONDE TODO BRILLA
    KELLEN, ALICE
    ¿Y si lo único que necesitamos para ser felices es descubrir el brillo de las cosas intangibles? Nicki Aldrich y River Jackson han sido inseparables desde que llegaron al mundo con cuarenta y siete minutos de diferencia. Ella lo hizo envuelta en polvo de hadas. Él como si fuese un meteoro en llamas. El pequeño pueblo costero donde crecieron se convirtió en el escenario de sus p...
    En stock

    18,90 €

  • CÓMO LLAMARTE AMOR 1. A GRITOS
    CÓMO LLAMARTE AMOR 1. A GRITOS
    ALINA NOT / NOT, ALINA
    ¡Vibra con la nueva obra de la autora de Bad Ash!A veces caer es lo único que te lleva a descubrir el verdadero sentido del amor.Haley afronta su primer año de universidad, lejos de casa y todo lo que conoce, con una duda que está dispuesta a resolver: si realmente el amor es algo más que lo vivido hasta el momento. Pronto creerá estar cerca de encontrar la respuesta cuando su ...
    En stock

    18,95 €

  • BELLUM
    BELLUM
    A. BENAVENT, LYDIA
    UNA REINA. DOS PLANETAS EN GUERRA. Y EL PODER DE LA VIDA ETERNA. ¿SERÁ EL AMOR MÁS FUERTE QUE LA VENGANZA? El Canciller del planeta guerrero Bellum amenaza al reino Éter desde hace décadas. La guerra parece inevitable… cuando el viejo Oráculo tiene una visión. Una reina, un amor y una traición se esconden entre el frío y la oscuridad de Bellum. La recién coronada Alesh es la e...
    En stock

    18,90 €

Otros libros del autor

  • O ARMARIO NOVO DE RUBÉN
    O ARMARIO NOVO DE RUBÉN
    DOCAMPO, XABIER P.
    " O armario novo de Rubén " A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu. " Dacabalo da vasoira " Crisanto estaba a varre-la cociña, cabalgando na vasoira, cando esta se eleva do chan e sae voando. Cando andaba por riba das nubes, unha nena díxolle que para volver s...
    En stock

    8,50 €

  • CATRO CARTAS
    CATRO CARTAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    Enfiadas nas súas vivencias, estas cartas son mensaxes de amor arredor da lectura. Cinco pretextos para compartir ese mundo marabilloso da literatura, a palabra, a ficción... ...
    Consultar disponibilidad

    11,50 €

  • A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN
    A NENA DO ABRIGO DE ASTRACÁN
    DOCAMPO, XABIER P.
    A vila de Ribadaínsua é narradora e protagonista dos acontecementos dramáticos dos últimos meses de 1947, que algúns quixeron agochar, para amosar aos seus habitantes como aniñara o mal entre eles e como os abranguera dunha forma asfixiante. Don Amancio, o crego que todo o controla; Agustina, a muller que pretende trazar o destino dos que a rodean; Isidoro, o alfaiate mártir; ...
    Consultar disponibilidad

    21,95 €

  • A ILLA DE TODAS AS ILLAS
    A ILLA DE TODAS AS ILLAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra ...
    Consultar disponibilidad

    16,95 €

  • O PAÍS ADORMENTADO
    O PAÍS ADORMENTADO
    DOCAMPO, XABIER P.
    No país de Glearim, onde reina Ambulasac o Vixiante, todos os seus habitantes dormen deseguido.No pasado concedéraselles o don de non morrer mentres durmían, por iso teñen medo a estar espertos e foron durmindo cada vez durante máis tempo coa intención de ser eternos. Aurora, unha afouta rapaza que coñece un segredo que moi poucos saben, baixará até o fondo da Fraga Mesta e emp...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • O MISTERIO DAS BADALADAS
    O MISTERIO DAS BADALADAS
    DOCAMPO, XABIER P.
    No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confun...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €