0

Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS 28 resultados

  • LONGA NOITE DE PEDRA
    LONGA NOITE DE PEDRA
    FERREIRO, CELSO EMILIO / NICOLAS, RAMON
    Longa noite de pedra (1962) é unha das obras claves para entender a nosa literatura contemporánea: libro emblemático e referencia obrigada de toda unha época e de hoxe. Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) acada nestas páxinas algúns dos seus momentos máis intensos, brillantes e conmovedores. A eficacia da comunicación poética, a forza da súa palabra, a autenticida...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • FOLLAS NOVAS
    FOLLAS NOVAS
    DE CASTRO, ROSALIA / ROSALIA DE CASTRO / MARINA MAYORAL / BLANCA - ANA ROIG
    Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Follas novas en 1880, comprometida como estaba na recuperación e dignificación da nosa lingua, despois da edición de Cantares gallegos en 1863. Posiblemente aquí están as páxinas e os versos máis intensos da nosa autora, os sentimentos máis desacougantes, as grandes preguntas universais, a sociedade, a morte, a inxustiza, o baleiro... Tam...
    Consultar disponibilidad

    15,50 €

  • O DIVINO SAINETE
    O DIVINO SAINETE
    CURROS ENRÍQUEZ, MANUEL / XAVIER R. BAIXERAS
    Publicado en 1888, O Divino Sainete é un poema satírico de tipo caricaturesco que narra a peregrinación de Curros Enríquez a Roma, guiado por Francisco Añón (que se presenta como capitán da Santa Compaña galega) con motivo do ano xubilar celebrado polo pontífice León XIII. Mediante a deformación da Divina Comedia de Dante, Manuel Curros Enríquez utiliza esa obra como modelo par...
    Consultar disponibilidad

    15,50 €

  • CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
    CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L. / CARMEN BLANCO / CLAUDIO RODRÍGUEZ FER
    Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva histórica salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos. Amor e desamor, paixón pola vida e afirmación de vellos e inconmovibles soños constitúen a base principal deste poemario re...
    Consultar disponibilidad

    11,95 €

  • NO DESTERRO
    NO DESTERRO
    CABANILLAS, RAMÓN
    A Biblioteca das Letras Galegas publica No desterro cando se cumpren 50 anos do pasamento de Ramón Cabanillas. Trátase do primeiro poemario de do autor de Cambados, editado por primeira vez en 1913. Esta obra coñecería, por volta de 1926, unha segunda edición que amosaba un importante número de diferenzas con respecto daquela primeira, aparecida na Habana. Ofrécense así ambas a...
    Consultar disponibilidad

    22,95 €

  • NA NOITE ESTRELECIDA
    NA NOITE ESTRELECIDA
    CABANILLAS, RAMÓN
    Na noite estrelecida (1926) é a recreación poética, desde Galicia, dos vellos mitos artúricos e bretóns: Merlín, a espada Escalibur, Galahaz, a antiga Caledonia, o vaso marabilloso do Santo Grial... Espléndido canto da memoria dun tempo soñado, de feliz tradición nas nosas letras, onde Galicia se incorpora á bretemosa xeografía dos mundos celtas. ...
    Descatalogado

    9,95 €

  • O CATECISMO DO LABREGO E OUTRAS PROSAS
    O CATECISMO DO LABREGO E OUTRAS PROSAS
    LAMAS CARVAJAL, VALENTÍN
    A prosa literaria galega ten en Valentín Lamas Carvajal (1849-1906) un dos seus primeiros e máis eficaces cultivadores. El é, sen dúbida, o prosista do rexurdimento, que foi sen embargo un movemento fundamentalmente poético. O Catecismo do Labrego (1888) é un dos textos de máis aceptación popular da historia das nosas letras, exemplo vibrante de humor e xornalismo.Agudo polemis...
    Descatalogado

    10,95 €

  • CANTARES GALLEGOS
    CANTARES GALLEGOS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Rosalía de Castro (1837-1885) é a voz emblemática da nosa literatura, símbolo do Rexurdimento cultural no século XIX, e Cantares Gallegos, publicado por vez primeira o 17 de maio de 1863, representa o primeiro grande paso cualitativo cara á madurez poética de Galicia.Inspirada nas raíces do seu pobo, nos ritmos e fórmulas tradicionais, na fala viva, nos costumes e nas xentes qu...
    Descatalogado

    13,40 €

  • MAXINA
    MAXINA
    VALLADARES, MARCIAL
    Marcial Valladares Núñez (1821-1903) é autor da primeira novela galega do século XIX, obra sobranceira do rexurdimento: Maxina, ou a filla espúrea (1890). Nese mesmo ano publicou Rosalía de Castro Follas Novas e M. Curros Enríquez Aires da miña terra.Presentada primeiro por entregas no folletón de La Ilustración Gallega y Asturiana, que dirixía Manuel Murguía, Maxina represent...
    Consultar disponibilidad

    10,25 €

  • VINTE MIL PESOS CRIME
    VINTE MIL PESOS CRIME
    GRAÑA, BERNARDINO
    Vinte mil pesos crime de Bernardino Graña, editada orixinalmente en 1962, considerouse como unha obra fundamental no conxunto das obras teatrais da época. Nela cómpre salientar dous elementos fundamentais: conforma, por unha banda, unha mostra do traballo artístico que se facía en plena ditadura franquista desde unha perspectiva rehabilitadora nun contexto ofegante para as nosa...
    Consultar disponibilidad

    18,95 €

  • VIAXE AO PAÍS DOS ANANOS
    VIAXE AO PAÍS DOS ANANOS
    FERREIRO, CELSO EMILIO
    ?Viaxe ao País dos Ananos? de Celso Emilio Ferreiro foi recibido no seu día con polémica polo duro ataque que representaba para certo sector da emigración. Estes versos seguen hoxe plenamente vixentes pola súa denuncia da desigualdade social e o seu rexeitamento do racismo, amais de polas súas reveladoras reflexións de tipo existencial e a súa lírica de xorne evocador e intimis...
    Consultar disponibilidad

    18,95 €

  • CONTOS DE TRES MUNDOS
    CONTOS DE TRES MUNDOS
    NEIRA VILAS, XOSÉ
    Nacido a fins de 1928 na aldea de Gres (Vila de Cruces, Pontevedra) e residente en Cuba desde 1961, Xosé Neira Vilas é un dos narradores contemporáneos de maior éxito nas nosas letras, sobre todo a través de volumes emblemáticos como Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho (número 12 na nosa colección), Remuiño de sombras ou Tempo Novo.Partindo dun cons...
    Descatalogado

    9,80 €

  • O FIN DUN CANTO
    O FIN DUN CANTO
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos autores máis representativos da nosa literatura. Como narrador, articulista, investigador e historiador da literatura, ten editada unha importante lista de títulos.Sendo Voce na néboa (1957) o primeiro libro de poemas de Ferrín, a publicación de Con pólvora e magnolias (1976) e de Estirpe (1994) constitúen referencia decisiva no ...
    Consultar disponibilidad

    9,95 €

  • PROFECIA DO MAR
    PROFECIA DO MAR
    GRAÑA, BERNARDINO
    Nacido en Cangas, en 1932, Bernardino Graña aparece vinculado na súa carreira literaria ao colectivo e máis á editorial Brais Pinto, de singular relevo no proceso de renovación literaria, plástica e mesmo ideolóxica que se leva a cabo no noso país a partir de mediados dos anos cincuenta. Membro, pois, desa Xeración, pois, desa Xeración do 57, Bernardino Graña inicia a súa andai...
    Descatalogado

    9,95 €

  • A ROSA DE CEN FOLLAS
    A ROSA DE CEN FOLLAS
    CABANILLAS, RAMÓN
    Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes rexistros estilísticos, constitúan un dos apartados fundamentais na hora de caracterizar a poesía de Ramón Cabanillas. Poeta combativo e denunciador das inxustizas, ao pé dos movementos agrarios, unhas veces; recreador dos vellos mitos artúricos e bretóns, autras; ardoroso paladín lírico do nacionalismo das ...
    Descatalogado

    11,50 €

  • CÓDICE CALIXTINO
    CÓDICE CALIXTINO
    POZO, LUZ
    Versos emocionados e emocionantes, atravesados de intimidade. Xogo sensual onde a luz e sombra debaten a súa fortuna.Luz Pozo Garza dános, neste texto, unha das mellores mostras do seu quefacer poético: a ansia da luz inunda as páxinas deste códice que se pode interpretar de moitos xeitos; un deles, o propio universo sobre o que a voz da poeta tenta poñer anacos de claridade, ...
    Consultar disponibilidad

    11,50 €

  • O SOÑO SULAGADO
    O SOÑO SULAGADO
    FERREIRO, CELSO EMILIO
    O soño sulagado (1954) é o segundo libro de poemas publicado en galego por Celso Emilio Ferreiro. Sen embargo, a través das súas páxinas podemos atopar claves do que vai constituír, en entregas posteriores, unha parte fundamental do mellor mundo poético do autor de Celanova. A chamada da infancia, do lar materno; a procura do paraíso perdido (simbolizado nas árbores, na terra, ...
    Consultar disponibilidad

    9,95 €

  • POESIA DE NORIEGA VARELA
    POESIA DE NORIEGA VARELA
    NORIEGA VARELA, ANTONIO
    A poesía de Antonio Noriega Varela (1869-1947) serve de ponte entre o legado decimonónico e a literatura do século XX. Autor dun único libro moitas veces correxido e ampliado, do ermo (1920, 1929, 1946...), a súa palabra é clara, poderosa e ten a forza profunda e telúrica da autenticidade.Poesía lírica, cantor da naturaleza e da montaña, amante da anécdota miúda e da forma coid...
    Consultar disponibilidad

    9,00 €

  • POESIAS IGLESIA ALVARIÑO
    POESIAS IGLESIA ALVARIÑO
    IGLESIA ALVARIÑO, AQUILINO
    Xesús lorenzo Varela (1917-1981) é unha das voces máis vibrantes da literatura do exilio, a memoria da Galicia que se expresa principalmente desde América entre 1939 e 1960: Luís Seoane, Emilio Pita, Silvio Santiago, Ramón Valenzuela...Este volume reúne a poesía galega do autor en tres apartados: Catro poemas para catro gravados, de 1944 (tamén coñecido como María Pita e tres r...
    Descatalogado

    9,80 €

  • FOLLAS NOVAS
    FOLLAS NOVAS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Follas novas en 1880, comprometida como estaba na recuperación e dignificación da nosa lingua, despois da edición de Cantares Gallegos en 1863.Probablemente aquí están as páxinas e os versos máis intensos da nosa autora, os sentimentos máis desacougantes, as grandes preguntas universais, a soidade, a morte, a inxustiza, o vacío... Tamén as...
    Consultar disponibilidad

    13,20 €

  • AIRES DA MIÑA TERRA
    AIRES DA MIÑA TERRA
    CURROS ENRÍQUEZ, MANUEL
    Manuel Curros Enríquez (1851-1908) é a grande voz civil do XIX, figura sobranceira do Rexurdimento, e Aires da miña terra, publicado por primeira vez en 1880, un dos libros máis populares das nosas letras.A súa poesía directa, realista, case sempre ó servicio dunha causa, ??castigo prós verdugos?? e ' ' consolo prós escravos ' ' , acadou en vida grandes a...
    Descatalogado

    12,50 €

  • LONGA NOITE DE PEDRA
    LONGA NOITE DE PEDRA
    FERREIRO, CELSO EMILIO
    Longa noite de pedra (1962) é un dos libros claves para entender a nosa literatura contemporánea, libro emblemático, referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores. Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) acada nestas páxinas algúns dos seus momentos máis intensos, brillantes, conmovedores.A eficacia da comunicación poética, a forza da súa palabra, a ...
    Consultar disponibilidad

    11,10 €

  • OS EIDOS
    OS EIDOS
    NOVONEYRA, UXIO
    Uxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930) publicou a primeira parte de Os Eidos en 1955, e, dende o primeiro momento, a súa voz converteuse nunha das máis intensas e renovadoras da poesía contemporánea. En 1974 publicou unha segunda entrega, Os Eidos 2, que aquí tamén incluímos e que completa o gran marco paisaxístico.A estética de Novoneyra representa a culminación da poesía de ...
    Agotado

    10,15 €

  • FARDEL DE EISILADO - NA BRÉTEMA SANT-IAGO
    FARDEL DE EISILADO - NA BRÉTEMA SANT-IAGO
    SEOANE, LUÍS
    Luís Seoane (1910-1979) é unha das figuras máis brillantes e de máis alta creatividade de Galicia deste século: pintor, debuxante, narrador, poeta, editor, animador de mil experiencias literarias e artísticas...El é, tamén, un dos representantes máis significativos da poesía galega da postguerra a partir de 1936. Voz rexa, descarnada, denunciadora, directa, pero tamén capaz de ...
    Descatalogado

    9,00 €

  • CARA A TIMES SQUARE
    CARA A TIMES SQUARE
    GONSAR, CAMILO
    Camilo Gonsar, Camilo González Suárez-Llanos (Sarriá, 1931) foi un dos máis activos renovadores da novela e o relato na década dos 60, pertencente ó grupo da chamada "nova narrativa", xunto con Méndez Ferrín, Rodríguez Mourullo, María Xosé Queizán, Carlos Casares, etc., e Cara a Times Square (1980) é un dos exemplos máis brillantes da súa recoñecida calidade literaria.Novela in...
    Descatalogado

    10,10 €

  • DE CATRO A CATRO E OUTRO
    DE CATRO A CATRO E OUTRO
    ANTONIO, MANUEL
    Manuel Antonio (1900-1929) é a personalidade máis forte, fulgurante e representativa dos movementos de renovación poética e literaria da Galicia anterior a 1936. El é o máis puro e verdadeiro vangardista das nosas letras, exemplo e mestre que dun tempo para acó reivindican sobre todo as novas xeracións de poetas.Román Raña, un representante destas xeracións, guíanos nesta edic...
    Descatalogado

    11,50 €

  • CON POLVORA E MAGNOLIAS
    CON POLVORA E MAGNOLIAS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na nosa lírica contemporánea. Unha certa perspectiva temporal salienta cada vez máis a significación deste libro, que marcou un fito, unha mudanza radical e necesaria na poesía galega dos últimos anos.Amor e desamor, paixón pola vida e afirmación de vellos e inconmovibles soños constitúen a base principal deste poemario ...
    Descatalogado

    8,95 €

  • POESIA. EDUARDO PONDAL
    POESIA. EDUARDO PONDAL
    PONDAL, EDUARDO
    Eduardo Pondal (1835-1917) é, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez, un dos tres grandes autores do Rexurdimento do século XIX. El é o poeta dos pinos, o bardo, a memoria antiga da Galicia celta, os verdes castros, mitos históricos do mundo anterior á cegada do romano.A súa obra ?Queixumes dos pinos? é referencia obrigada na procura das raíces de identidade da nación ga...
    Consultar disponibilidad

    10,40 €