0
PEL DE LOBO

PEL DE LOBO

MIRANDA, XOSÉ

13,50 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
2002
Materia
Xuvenil
ISBN:
978-84-8302-865-0
Páxinas:
112
Encadernación:
Rústica
Colección:
FORA DE XOGO
13,50 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume.
Este é o arranque argumental de Pel de lobo, a novela de Xosé Miranda, gañadora do Premio Merlín 2002. Unha novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome. Escrita nunha prosa de alta calidade literaria, empregando unha lingua popular moi puída, Xosé Miranda crea nesta novela engaiolante a atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas da montaña luguesa. Aventuras e crenzas que non lle impiden o que non lle impiden recoller noutros fíos narrativos unha misteriosa historia de amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da aldea, ou as historias de cazadores.
Pel de lobo constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense, a súa fala e a súa concepción do mundo. Unha homenaxe, tamén, o traballo dos antropólogos e escritores galegos como Laureano Prieto, Vicente Risco, Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra ou Ánxel Fole, que impregnaron coas súas historias as páxinas desta magnífica obra, dirixida tanta a público xuvenil como adulto.

Artículos relacionados

  • TEÑO 14 ANOS, E NON É UNHA BOA NOVA
    TEÑO 14 ANOS, E NON É UNHA BOA NOVA
    WITEK, JO
    Efi regresa á súa casa na aldea tras o curso escolar na cidade. Aosseuscatorce anos, as vacacións e o reencontro coa familia e amigos énchena defelicidade. Porén, a realidade non tarda moito en golpeala con forza:alcanzou a idade núbil e os seus pais prometérona en matrimonio. Ossoñosde seguir estudando para converterse en enxeñeira e axudar a mellorarascondicións de vida da sú...
    En stock

    18,00 €

  • TENGO 14 AÑOS, Y NO ES UNA BUENA NOTICIA
    TENGO 14 AÑOS, Y NO ES UNA BUENA NOTICIA
    WITEK, JO
    Efi regresa a su casa en la aldea al terminar el curso escolar en laciudad. Tras la felicidad del reencuentro con familia, la realidad notardaen golpearla: ha alcanzado la edad núbil y sus padres la han prometido enmatrimonio. Los sueños de seguir estudiando para convertirse eningeniera yayudar a mejorar las condiciones de vida de su entorno saltan en milpedazos. Efi luchará po...
    En stock

    18,00 €

  • A CURVA DA PANTASMA
    A CURVA DA PANTASMA
    ALONSO, FRAN
    As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen moita historia. Partindo da estrutura e do espírito das lendas urbanas, Fran Alonso reescríbeas desde o presente en "A curva da pantasma", sen renunciar ao medo e ao misteri...
    En stock

    12,95 €

  • DONDE TODO BRILLA
    DONDE TODO BRILLA
    KELLEN, ALICE
    ¿Y si lo único que necesitamos para ser felices es descubrir el brillo de las cosas intangibles? Nicki Aldrich y River Jackson han sido inseparables desde que llegaron al mundo con cuarenta y siete minutos de diferencia. Ella lo hizo envuelta en polvo de hadas. Él como si fuese un meteoro en llamas. El pequeño pueblo costero donde crecieron se convirtió en el escenario de sus p...
    En stock

    18,90 €

  • CÓMO LLAMARTE AMOR 1. A GRITOS
    CÓMO LLAMARTE AMOR 1. A GRITOS
    ALINA NOT / NOT, ALINA
    ¡Vibra con la nueva obra de la autora de Bad Ash!A veces caer es lo único que te lleva a descubrir el verdadero sentido del amor.Haley afronta su primer año de universidad, lejos de casa y todo lo que conoce, con una duda que está dispuesta a resolver: si realmente el amor es algo más que lo vivido hasta el momento. Pronto creerá estar cerca de encontrar la respuesta cuando su ...
    En stock

    18,95 €

  • BELLUM
    BELLUM
    A. BENAVENT, LYDIA
    UNA REINA. DOS PLANETAS EN GUERRA. Y EL PODER DE LA VIDA ETERNA. ¿SERÁ EL AMOR MÁS FUERTE QUE LA VENGANZA? El Canciller del planeta guerrero Bellum amenaza al reino Éter desde hace décadas. La guerra parece inevitable… cuando el viejo Oráculo tiene una visión. Una reina, un amor y una traición se esconden entre el frío y la oscuridad de Bellum. La recién coronada Alesh es la e...
    En stock

    18,90 €

Outros libros do autor

  • VESTIO
    VESTIO
    MIRANDA, XOSÉ
    A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópase cun cadáver sen rostro e coas mans esmagadas. Xunto ao cadáver aparecen unha carta e un diario. Lendo o diario a doutora vai descubrir as claves de estraños comportamentos e estraños acontecementos que non só se refiren aos habitantes da vila, senón a ela mesma, ao seu marido e á súa filla desaparecida...
    Consulta a dispoñibilidade

    14,50 €

  • AS MANS DO MEDO
    AS MANS DO MEDO
    MIRANDA, XOSÉ
    Desde o primeiro día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que, aparentemente, parecían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensar compulsivamente en cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidade e foi quedando abraiado pola súa torpeza cando cavaba un foso no Cemite...
    Consulta a dispoñibilidade

    14,50 €

  • ÁLVARO E ÁLVARO
    ÁLVARO E ÁLVARO
    MIRANDA, XOSÉ
    Álvaro, un neno fraco, gafotas e despistado, nun día de excursión cos seus compañeiros de clase caeu nun furado da Cova do Rei Cintolo. Dende entón ten que sufrir a existencia doutro individuo que é verdadeiramente igual a el, en todas as cousas e en todas as circunstancias, coma se fose o seu xemelgo ou a súa imaxe no espello. Álvaro comprobará que o suplanta na súa casa, que ...
    Consulta a dispoñibilidade

    11,95 €

  • ARIADNA
    ARIADNA
    MIRANDA, XOSÉ
    Adriana e Ariadna son dúas irmás xemelgas que chegan ata o Vello Planeta nunha viaxe turística, gracias a que foran gañadoras dun concurso dos que aparecen nas tapas de cartón dos cereais. A estancia prevista de quince días, despois da viaxe dende o seu planeta Europa, no foguete interplanetario Hecatonquiric IV, modificará totalmente as súas vidas. No Vello Planeta aloxaranse ...
    Consulta a dispoñibilidade

    12,30 €

  • FEITIZO
    FEITIZO
    MIRANDA, XOSÉ
    Marta ten unha nai bruxa. Si, bruxa, bruxa das de verdade, que xa se sabe que ninguén cre nelas, pero que habelas hainas. A Marta, se cadra, non lle preocuparía nada iso de ter unha nai bruxa. O malo é que as nais bruxas queren que as súas fillas tamén o sexan e iso si que a Marta non lle gusta nadiña. A Marta non lle vai iso de voar montada nunha vasoira e facer esconxuros máx...
    Consulta a dispoñibilidade

    9,95 €

  • MORNING STAR
    MORNING STAR
    MIRANDA, XOSÉ
    Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can branco burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, que ten o se...
    Descatalogat

    19,50 €