- Editorial:
- XERAIS
- Ano de edición:
- 2018
- Materia
- Ensaios
- ISBN:
- 978-84-9121-329-1
- Páxinas:
- 376
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- ENSAIO
O CANASTRO SEN TORNARRATOS
RESISTENCIA POPULAR NA ERA DO CAPITALISMO SEN DEMOCRACIA. UNHA OLLADA GALEGA
RODRÍGUEZ, DAVID
Este libro pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá. Afonda na reflexión sobre a elitización dun capitalismo que retoma a súa faciana máis incompatible coa democracia. En «O canastro sen tornarratos» abórdase a dificultade para articular resistencias e hexemonías alternativas nun tempo en que a ideoloxía dominante conta cunha capacidade inédita de penetración en calquera recanto xeográfico, cultural e mesmo psicolóxico; ademais de na propia teoría e praxe do movemento emancipador.
O «tornarratos» ?a pedra horizontal que impedía ás alimañas accederen ao gran almacenado no canastro? proponse como metáfora dun tempo sen devasas políticas e culturais que mitiguen o espolio do mundo do traballo e da natureza. Neste ensaio, David Rodríguez, lonxe de pensar o ser humano desde o cosmopolitismo abstracto, opta por unha ollada ampla e global, pero ben afincada nun lugar xeográfico e cultural concreto aínda chamado Galicia. En palabras do autor: «Trátase de delimitar o ermo en que nos atopamos, paso primeiro para que algún día volva medrar a herba.»