- Editorial:
- RINOCERONTE
- Ano de edición:
- 2017
- Materia
- Clásicos Universais
- ISBN:
- 978-84-92866-90-8
- Páxinas:
- 90
- Encadernación:
- Bolsillo
- Colección:
- VÉTERA
CARACTERES
TEOFRASTO
Datada do século IV a.C., esta obra contén un breve, vigoroso e mordaz bosquexo dos tipos morais, e unha invalorable descrición da vida do seu tempo. En definitiva, é o primeiro intento escrito dunha sistemática de caracteres tipo, unha obra mordaz e aguda. Unha obra clásica, pero totalmente actual e viva, na que cada persoa pode sentirse identificada mentres goza dunha lectura amena.
A día de hoxe aínda é unha incógnita se se trata dunha obra de moral teórica, dun apéndice dun tratado sobre retórica ou comedia ou dunha mera diversión do autor. A estreita vinculación de Teofrasto coa tradición filosófica aristotélica acrecenta o interese na súa obra.
Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.
Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.