0
ATLAS ARQUEOLÓXICO DA PAISAXE GALEGA

ATLAS ARQUEOLÓXICO DA PAISAXE GALEGA

AA.VV

46,95 €
IVE incluído
Consulta a dispoñibilidade
Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
2016
Materia
Antropoloxía
ISBN:
978-84-9121-048-1
Páxinas:
336
Encadernación:
Rústica
46,95 €
IVE incluído
Consulta a dispoñibilidade
Engadir a favoritos

A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a Natureza.
Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval.
O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes ?ou ausentes? nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas.
A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial.
Autoras e autores dos textos: Roberto Aboal, Xurxo Ayán Vila, David Barreiro, Paula Ballesteros-Arias, Manuela Costa-Casais, Pastor Fábrega-Álvarez, João Fonte, Camila Gianotti, A. César González-García, Alejandro Güimil Fariña, Elena Lima Olivera, Raquel López Noia, Patricia Mañana-Borrazás, Antonio Martínez-Cortizas, Matilde Millán e Manuel Santos-Estévez

Artículos relacionados

  • GALICIA SECRETA
    GALICIA SECRETA
    MARTÍNEZ RODRÍGUEZ, TOMÉ
    Tomé Martínez ha escrutado durante dos décadas cada rincón de la geografía gallega en busca de los secretos paleontológicos y arqueológicos que se agazapan en su variada orografía, y los enigmas antropológicos que definen el mundo tradicional de la Galicia mágica. En ese viaje ha encontrado respuestas a los grandes enigmas que plantean los petroglifos, megalitos o la civilizaci...
    Consulta a dispoñibilidade

    21,00 €

  • SUFISMO NEGRO
    SUFISMO NEGRO
    DE DIEGO GONZÁLEZ, ANTONIO
    La historia de Africa contemporánea no puede entenderse sin el sufismo. Una espiritualidad vibrante llena de historias increíbles de santos y santas quienes han configurado la identidad de los países del Sahel enlazándola con el resto del mundo islámico ...
    Consulta a dispoñibilidade

    21,00 €

  • EL PORTICO DE LA GLORIA
    EL PORTICO DE LA GLORIA
    CARBO ALONSO, FELIX
    Esgotat

    10,00 €

  • A CULTURA DO MEL
    A CULTURA DO MEL
    RIPALDA, XOSE LOIS
    Consulta a dispoñibilidade

    12,00 €

  • LA FÁBRICA DE HILADOS Y TEJIDOS DE VILASANTAR (1882-1962)
    LA FÁBRICA DE HILADOS Y TEJIDOS DE VILASANTAR (1882-1962)
    Mª. DE LOS ÁNGELES MARTÍNEZ ÍÑIGUEZ
    En Présaras (Vilasantar), provincia de A Coruña existió una fábrica textil “Hilados y Tejidos de Vilasantar” cuyo período de actividad se extendió desde 1882 hasta1962, año en que fue arrasada por un incendio. Su existencia se mantuvo a lo largo de ochenta años y por consiguiente, forma parte de la historia reciente de esta localidad. Historia que merece ser rescatada del...
    Consulta a dispoñibilidade

    10,00 €

  • UNA ANTROPÓLOGA EN LA LUNA. LAS HISTORIAS MÁS SORPRENDENTES DE LA ESPECIE HUMANA
    UNA ANTROPÓLOGA EN LA LUNA. LAS HISTORIAS MÁS SORPRENDENTES DE LA ESPECIE HUMANA
    VILLAVERDE MAZA, NOEMÍ
    Hay quien asegura que el ser humano es un lobo para el ser humano, y también que es egoísta por naturaleza. Y, sin embargo, la historia de nuestra especie nos muestra tenazmente lo contrario: que desde siempre hemos utilizado el recurso antropo-lógico de la cooperación. Y no por capricho ni por caridad, sino simplemente, por pura supervivencia. En el transcurso de nuestra hist...
    Consulta a dispoñibilidade

    16,95 €