- Editorial:
- KALANDRAKA
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-16721-80-1
- Páxinas:
- 440
- Encadernación:
- Rústica
A METAMORFOSE DO COMUNISMO NA CHINA
UNHA HISTORIA DO PARTIDO COMUNISTA CHINO
RIOS, XULIO
A piques de celebrarse o centenario do Partido Comunista da China,
cómpre un balance da evolución do territorio máis poboado
do planeta e segunda economía mundial. O autor deste ensaio,
Xulio Ríos, é un dos principais expertos na súa historia. Co triunfo
da revolución liderada por Mao Zedong en 1949, a China iniciou
unha nova etapa caracterizada pola procura dunha modernización
que lle permitise deixar atrás séculos de decadencia e traxedia,
ostracismo, subdesenvolvemento e humillación.