- Editorial:
- CONSELLO DA CULTURA GALEGA
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-17802-10-3
- Páxinas:
- 349
LUIS R. BRAGE VILLAR
OBRA E MEMORIA
FERREIRO CARBALLO, DAVID
O presente libro aborda a traxectoria vital e artística do compositor santiagués Luis Rafael Brage Villar (1886-1959), quen estivo vinculado á maior parte dos ámbitos musicais de Galicia durante o primeiro terzo do século XX: pianista solista e acompañante, membro de agrupacións camerísticas, director de tuna, orfeón e banda de música, dinamizador cultural e pedagogo, entre outros. Ademais, foi herdeiro dos ideais rexionalistas e un bo coñecedor dos principais discursos identitarios e intelectuais xerados ata 1936, destacando a súa relación con algúns membros das Irmandades da Fala.