- Editorial:
- CONSELLO DA CULTURA GALEGA
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-17802-06-6
- Páxinas:
- 176
LA EMIGRACIÓN EN GALICIA
EDICIÓN FACSIMILAR
CASTRO LOPEZ, RAMON
Con esta obra o Consello da Cultura Galega presenta ao público a Colección Clásicos da Emigración, unha escolma de libros que gozan da consideración de ser obras clásicas para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas e que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías. A publicación facsimilar acompáñase de introdución e estudo crítico.
O libro de Ramón Castro López La emigración en Galicia, publicado por primeira vez na cidade da Coruña no ano 1923 nas prensas do xornal herculino El Noroeste, é un texto que desde a primeira páxina se declara a contracorrente da visión hexemónica, aquela que o autor «leía en muchas publicaciones», pero que consideraba que coñecía mal o problema migratorio.