- Editorial:
- FAKTORIA K DE LIBROS
- Ano de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-15250-70-8
- Páxinas:
- 120
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- TAMBO
ESTRELA DO NORTE
REI NÚÑEZ, LUÍS
Os poemas deste libro transitan entre a tradición,
sempre de dobre raíz, culta e popular, e a contemporaneidade,
un espazo por definición fuxidío.
Son poemas empeñados, asemade, en achegar
a necesaria música á pescuda das emocións, e vano facer
botando man de recursos como a métrica e a rima;
é dicir, acolléndose coa confianza dun artesán
á protección dos límites.
O resultado é unha poesía de estirpe deliberadamente
figurativa. Á fin, ademais de álbum e partitura, este libro
quere ser o mapa para un camiño que ten como norte
o corazón de cada quen: esa estrela.