0
A RÚA DA TIXOLA

A RÚA DA TIXOLA

PITA, CHARO

14,00 €
IVE incluído
Descatalogat
Editorial:
OQO
Ano de edición:
2014
ISBN:
978-84-9871-485-2
Páxinas:
40
Encadernación:
Cartoné
14,00 €
IVE incluído
Descatalogat
Engadir a favoritos

Na rúa da Tixola
un neno estaba chorando.
Aqueles choros
fixeron que o veciño de abaixo
se puxese
dun humor de raios.

Entón o veciño de abaixo
pegou un zapatazo no chan
e pisoulle o rabo ao gato.

A partir deste incidente, as rutinas e hábitos cotiáns da veciñanza altéranse e, seguindo o mesmo efecto que a caída de fichas no dominó, os contratempos concaténanse un tras outro, propagando un ambiente hostil polo barrio.

O gato cae enriba do carteiro, que perde a correspondencia semanal da porteira. Esta, enfurruñada, grita ao froiteiro, que desconcertado, non só non acerta co pedido, senón que case atropela a unha ra.
Para evitar este tráxico desenlace, o garda de Tráfico sopra o chifre con tanto ímpeto, que cae no xardín do señor Magnolia e esmaga as súas flores exóticas.

Todo isto ocorre a un ritmo vertixinoso, mostrándonos, deste xeito, a fraxilidade da harmonía social e como o caos pode orixinarse nun feito, tan inocente e nimio, como o choro dun neno.


No entanto, e coma se fosen dúas caras dunha mesma moeda, a historia de Charo Pita tamén nos descobre o sinxelo que pode ser solucionar esta cadea de ?pequenas traxedias? (o neno deixa de chorar en canto o veciño de abaixo lle le un conto) e restablecer a cordialidade na veciñanza: cunhas flores e un cortés atópase ben?

Este cambio provén das recomendacións amables do señor Magnolia: ?son pequenos xestos, pero importantes na súa miudeza?, destaca a escritora, que fai fincapé no valor das palabras ?afables, tranquilizadoras, contaxiosas... que tenden pontes?.

Charo Pita constrúe A rúa da Tixola coma unha desas historias de veciñanza, onde as relacións entre
os seus membros van cambiando ?do individualismo á fraternidade, do máis puro egocentrismo á máis
ampla solidariedade?. Deste xeito, os seus múltiples personaxes ?alternan afastamento e proximidade,
tristezas e alegrías, enfados e reconciliacións?. ?Coma o mesmo dinamismo que ten a vida?, resume.

Precisamente, o final do conto correspóndese tamén co discorrer cíclico da existencia humana:
Pois, que conto lle contou o veciño ao neno para que deixase de chorar?
?O da rúa da Tixola, onde vivía o señor Magnolia... Cóntoche outra vez a historia?
Pola súa banda, o ilustrador Massimiliano di Lauro destaca o ton ?divertido? do texto de Charo Pita, ?moi axeitado para os máis pequenos?, aínda que apunta que isto último supuxo un ?reto difícil? para el, porque non está afeito debuxar para este tramo de idade.

Por este motivo, neste álbum traballou moito a súa técnica para conseguir un estilo máis depurado, onde eliminou todos os elementos innecesarios. Con este obxectivo, simplificou os personaxes e a variedade cromática e construíu ?planos e luminosos, xogando cos contrastes?.

Para a construción dos personaxes, inspirouse nos álbums ilustrados dos anos 50. Deste xeito, ningún en contorno ?excepto na cara e nas mans? e unicamente están compostos por cores e texturas, esvaecéndose ata na parte inferior da páxina.

En canto á ambientación, o artista italiano recreou a atmosfera dunha cidade pequena como na que vive, Trani, polo que algúns dos seus concidadáns poderán recoñecerse no álbum.


Como é habitual en Massimiliano di Lauro, tamén neste traballo se pode gozar de divertidas historias paralelas: a da veciña facendo deporte en casa, o pequeno can negro que escapa e amola o gato azul...


Para finalizar, o ilustrador descóbrenos unha referencia moi interesante: o personaxe do veciño, que finalmente le un conto ao neno, está inspirado nun coñecido pianista italiano: Giovanni Allevi.

Artículos relacionados

  • LA SOMBRA DE ATON
    LA SOMBRA DE ATON
    ARES, NACHO
    Una fascinante intriga histórica ambientada en el reinado de Ramsés II y protagonizada por el enigmático príncipe Khamwaset, sacerdote, mago y considerado el primer egiptólogo de la historia.  El joven sacerdote Ahmose, secretario del príncipe Khamwaset, encuentra un fragmento de un papiro en un patio del templo de Ptah en Men-Nefer. Inmediatamente se da cuenta de que es una fó...
    En stock

    23,90 €

  • LA TRAVESÍA FINAL
    LA TRAVESÍA FINAL
    CALVO POYATO, JOSÉ
    Elcano recibía, en 1522, el derecho a usar un escudo de armas con el lema «Primus circumdedisti me». Carlos I se lo otorgaba tras culminar la primera circunnavegación a la tierra. Esa gesta, que generó no pocas tensiones con Portugal, lo convirtió en uno de los marinos más respetados del reino. Recompensado también con una generosa pensión, no iba, sin embargo, a quedarse en ti...
    En stock

    10,90 €

  • MAISIE DOBBS (SERIE MAISIE DOBBS 1)
    MAISIE DOBBS (SERIE MAISIE DOBBS 1)
    WINSPEAR, JACQUELINE
    Maisie Dobbs. Una detective con intuición. No le pierdas la pista, nunca has conocido a nadie como ella.La serie de gran éxito en Europa y Estados Unidos que reafirma a Jacqueline Winspear como una gran autora de misterio psicológico.Londres, 1929. Maisie Dobbs abre una oficina como flamante investigadora privada en el centro de Londres y se convierte en una de las primeras muj...
    En stock

    10,90 €

  • HERMANA PEQUEÑA, PEQUEÑA CANGURO 5: KAREN Y LA FOTO DE FIN DE CURSO
    HERMANA PEQUEÑA, PEQUEÑA CANGURO 5: KAREN Y LA FOTO DE FIN DE CURSO
    FARINA, KATY
    KAREN NO QUIERE LLEVAR GAFAS¡Karen tiene que ponerse gafas! Ella no las quiere, sobre todo porque las fotos del colegio se van a hacer pronto.Pero elige unas muy bonitas de color rosa y piensa que le hacen muy mayor. Pero Ricky Torres empieza a ponerle motes en el colegio. Si Karen se pone las gafas para la foto del colegio, Ricky se burlará de ella. Si no las lleva, parecerá q...
    En stock

    15,90 €

  • EL CLUB DE MARY SHELLEY
    EL CLUB DE MARY SHELLEY
    MOLDAVSKY, GOLDY
    En lo que respecta a las pelis de terror, todo el mundo sabe que:x Hay que evitar a toda costa los edificios abandonados, los almacenes portuarios y las cabañas perdidas en el bosque.x Hay que permanecer unidos. Nada de separarse. Ni siquiera para ir a «buscar pistas».x Si hay un asesino suelto, se acabaron los líos de una noche.Pero ojalá estas reglas estuvieran tan claras en ...
    En stock

    21,90 €

  • ROMA. EL IMPERIO INFINITO
    ROMA. EL IMPERIO INFINITO
    CAZZULLO, ALDO
    EL IMPERIO ROMANO NUNCA CAYÓTodos los imperios de la historia se han presentado como herederos de los antiguos romanos: el Imperio romano de Oriente, el Sacro Imperio Romano Germánico de Carlomagno, Moscú, «la tercera Roma», los imperios napoleónico y británico, los regímenes fascista y nazi, el imperio americano o el virtual de Mark Zuckerberg, un gran admirador de Augusto. Es...
    En stock

    20,90 €

Outros libros do autor

  • RETRATOS EN BRANCO E NEGRO
    RETRATOS EN BRANCO E NEGRO
    PITA, CHARO
    Retratos fantasmais onde o extraordinario e o cotián, a fotografía e a palabra, o branco e o negro van da man para construíren realidades que, dalgún xeito, acaban apuntando á nosa. ...
    Consulta a dispoñibilidade

    13,80 €

  • ANDAR AOS BIOSBARDOS. CONTOS BAIXO O FREIXO ENGURRADO
    ANDAR AOS BIOSBARDOS. CONTOS BAIXO O FREIXO ENGURRADO
    PITA, CHARO
    Se saísedes cazar biosbardos, que cazariades? De seguro que algunha boa historia. Como as que atoparás aquí, e que Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto adoitan contar baixo o Freixo Engurrado. Historias que talvez fagan deste libro o máis marabilloso do mundo. Ou talvez non. Ti decides. ...
    Consulta a dispoñibilidade

    9,60 €

  • NO PAIS DO VENTO + CD
    NO PAIS DO VENTO + CD
    PITA, CHARO
    Nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran e moitas melodías e alguhas pequenas historias van buscando orellas que as escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas montadas no lombo das brisas e dos furacáns. ...
    Consulta a dispoñibilidade

    20,00 €