- Editorial:
- EDICIONS EMBORA
- Ano de edición:
- 2018
- ISBN:
- 978-84-16456-75-8
- Páxinas:
- 86
- Encadernación:
- Rústica
A ESTRAÑA AVENTURA DE MANOLIÑO SINGAPUR
XOAN BABARRO GONZALEZ / BABARRO GONZALEZ, XOAN
Imaxina que unha avelaíña chega á pantalla do teu ordenador cunha chamada de auxilio procedente dunha descoñecida páxina web.
Que, para accederes a ese sitio e prestares axuda, tes que facerte amigo dun virus informático con figura de terrible can.
Que, despois de atravesares polo sitio máis solitario do mundo, chegas a unha cidade onde te consideran inimigo.
Que apareces nas pantallas como un hácker intruso perigoso. E que, a pesar de todo, consegues saír vitorioso.
Pois todo iso viviuno Manoliño Singapur.