0

Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : MERLIN 9 20 resultados

  • O ARMARIO NOVO DE RUBÉN
    O ARMARIO NOVO DE RUBÉN
    DOCAMPO, XABIER P.
    " O armario novo de Rubén " A Rubén instálanlle un novo armario encastrado e métese dentro para ver que hai. Ve unha luciña ó fondo e bate cun cuarto que non é o seu. " Dacabalo da vasoira " Crisanto estaba a varre-la cociña, cabalgando na vasoira, cando esta se eleva do chan e sae voando. Cando andaba por riba das nubes, unha nena díxolle que para volver s...
    En stock

    8,50 €

  • PALABRAS BRANCAS
    PALABRAS BRANCAS
    RIVEIRO TOBÍO, ELVIRA
    O poemario PalAbrAs brAncAs de Elvira Riveiro Tobio foi a obra finalista do Premio Merlín de literatura infantil 2007. O texto, construído só coa vocal ?a?, está ilustrado por Fino Lorenzo. Unha proposta lmoi novidosa que amplía o horizonte da poesía infantil en galego. ...
    En stock

    9,80 €

  • QUEN DÁ A QUENDA?
    QUEN DÁ A QUENDA?
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Agochada nuns‚culo ten odas m is div achegan atacabana podemvivir onda ounha pantasmseus librossabio e dunhcun remedioFINALISTA DO ...
    Consulta a dispoñibilidade

    13,50 €

  • RUBICUNDO
    RUBICUNDO
    CANOSA, MARÍA / MARIA CANOSA
    Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta...
    Reimpressió

    12,50 €

  • O GATO FANTASMA
    O GATO FANTASMA
    DE TORO, XELÍS / XELIS DE TORO
    Rolo e Pestiña son moi amigos, que non noivos, e sempre ao saír da escola van xuntos para a casa. Pero aquel día en que todo comezou, Pestiña non daba chegado á praza do camelio, onde sempre quedaban. Mentres Rolo agardaba comezou a chover; estábase poñendo coma un pito. Logo dun anaco viu aberto un portal dunha casa e foi correndo a refuxiarse. Dende alí vería ben a Pestiña. ...
    Consulta a dispoñibilidade

    11,95 €

  • O AROMA DO LIQUIDÁMBAR
    O AROMA DO LIQUIDÁMBAR
    ALFAYA, AN
    Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma. Os dous estrañaban as súas nais; no entanto, uníronse na espera, compartindo segredos, animados pola harmónica de Humberto e a guitarra de Fermín, fartos do mal xenio de Manuela ou mortos de risa cos inventos de Vicente. Unha rosa fresca no...
    Consulta a dispoñibilidade

    13,50 €

  • MALOS TEMPOS PARA OS FANTASMAS
    MALOS TEMPOS PARA OS FANTASMAS
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN / AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
    Cando Marta fai once anos, a súa familia abandona a vila onde residían e trasládase a vivir na cidade. Alugan unha casa antiga e espazosa, sobre a que circulan rumores inquietantes. Unha vez instalados na nova vivenda, comezan a se producir misteriosos sucesos, que afectan sobre todo á vida de Marta. A nena acabará descubrindo que na casa habita un fantasma invisible, co que se...
    Consulta a dispoñibilidade

    13,50 €

  • MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO II
    MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO II
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Mil cousas poden pasar. Libro I rematou con Lina e Pouco na praia, falando, durmindo, bicándose e comendo mazás. Que aventuras correrán na viaxe de regreso a Nil? Como atoparán a súa vila? Que será do neno Propicio, do cocho Isaías, do río Inrique e de todos os demais? E o máis importante: que será de Hedión?Unha cousa pódese adiantar: fixo novos amigos, e xente boa non son. ...
    Consulta a dispoñibilidade

    14,50 €

  • TI NON XOGAS!
    TI NON XOGAS!
    GÓMEZ XURXO, SILVESTRE
    Durante unha semana enteira non parou de chover e hoxe por fin saíu un sol radiante. Pero Suso, en vez de estar a xogar ao fútbol co resto dos rapaces, está sentado nun chanzo da escaleira do patio da escola. Está aburrido e amolado. O peor é estar amolado, e estao, porque cando quería xogar Róber chimpoulle:?Ti non xogas! Non houbo ninguén que lle dixese a Róber que iso non se...
    Consulta a dispoñibilidade

    12,95 €

  • MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO I
    MIL COUSAS PODEN PASAR. LIBRO I
    FERNÁNDEZ SERRANO, JACOBO
    Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de perso...
    Consulta a dispoñibilidade

    14,50 €

  • SOPA DE MARSOPA
    SOPA DE MARSOPA
    FREIRE, ISABEL
    Roncudo Lor, comisario xefe de policía, e Bilbo Bons, o máis grande, espilido e gracioso detective da historia, aínda que ninguén o coñeza, investigarán a desaparición repentina de Anciñas, unha marsopa do zoo da súa cidade.Aquel caso da marsopa desaparecida foi o primeiro traballo de Bilbo Bons, un detective baixo e gordiño a quen lle encanta meter o nariz en todas partes. Sop...
    Consulta a dispoñibilidade

    11,50 €

  • LÍA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE
    LÍA E AS ZAPATILLAS DE DEPORTE
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nenos e nenas da súa mesma idade e cos pés descalzos, afánanse en meter zapatillas en caixas idénticas ás que ela recibiu o día de Reis.Lía e as zapatillas de deporte de María Reimóndez é unha novela, ilustrada por Iván Sende, que convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa respo...
    Consulta a dispoñibilidade

    11,95 €

  • FANTASMAS NO CORREDOR
    FANTASMAS NO CORREDOR
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN / AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
    A familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas. Polo día non se ven, mais pola noite saen das paredes e andan de troula polo corredor. Só Mariña sabe que existen, pois ninguén máis da familia os ve. E a nena deberá atopar unha proba que permita desvelar a presenza dos fantasmas. Fantasmas no corredo...
    Consulta a dispoñibilidade

    9,95 €

  • ÁLVARO E ÁLVARO
    ÁLVARO E ÁLVARO
    MIRANDA, XOSÉ
    Álvaro, un neno fraco, gafotas e despistado, nun día de excursión cos seus compañeiros de clase caeu nun furado da Cova do Rei Cintolo. Dende entón ten que sufrir a existencia doutro individuo que é verdadeiramente igual a el, en todas as cousas e en todas as circunstancias, coma se fose o seu xemelgo ou a súa imaxe no espello. Álvaro comprobará que o suplanta na súa casa, que ...
    Consulta a dispoñibilidade

    11,95 €

  • A MARABILLOSA MEDICINA DE GEORGE
    A MARABILLOSA MEDICINA DE GEORGE
    DAHL, ROALD
    A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as eirugas e as lesmas son deliciosas e o que máis lle gusta son os escaravellos ben renxentes. Nada do que fai George está ben feito a ollos da avoa, de xeito que cando é hora de que ela tome a súa medicina, George decide darlle unha dose da que ele mesmo preparou, unha b...
    Consulta a dispoñibilidade

    9,95 €

  • A PRAIA DA ESPERANZA
    A PRAIA DA ESPERANZA
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Raquel atopa unha buguina entre as rochas da praia e decide levala para a súa casa. Unha vez alí descubrirá que a buguina garda no seu interior un ser moi especial co que axiña fará amizade. O que Raquel e o estraño ser non sabían era que o afondimento do petroleiro Prestige e a marea que provocou ían cambiar radicalmente as súas vidas.A praia da esperanza é unha narración escr...
    Consulta a dispoñibilidade

    11,50 €

  • CHAMIZO
    CHAMIZO
    CASALDERREY, FINA / FINA CASALDERREY
    Nesta novela cóntase a historia de Martina, unha nena de nove anos, que desexa máis ca nada no mundo poder ter un animal, aínda que é consciente de que sería malo para el vivir nunha cidade. Por casualidade atopa un gatiño nunha papeleira cando chega ó colexio.Despois de numerosas vicisitudes para oculta-lo animal durante todo o día, convence facilmente ós seus país (ela cría e...
    Consulta a dispoñibilidade

    9,95 €

  • OS SOÑOS NA GAIOLA
    OS SOÑOS NA GAIOLA
    MANUEL MARÍA
    O medio cento de poemas que constitúen este volume percorren o mundo infantil galego con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os nenos e nenas.De seguido, e baixo o epígrafe de " O mundo " , aparecen o sol, as etrelas, a lúa, o arco...
    Descatalogat

    8,25 €

  • A FORMIGA COXA
    A FORMIGA COXA
    ALEIXANDRE, MARILAR / MARILAR ALEIXANDRE
    Unha formiga coxa, unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas polas súas eivas e sexan consideradas iguais, e así comezan a súa aventura.O primeiro sitio ó que chegan é unha cidade enfeitizada. As tres amigas ofrécense a busca-lo remedio; nese traballo atopan un rato de biblioteca. Resolto o feitizo, a rexedora da cidade regálalle...
    Consulta a dispoñibilidade

    9,95 €

  • MAR ADIANTE
    MAR ADIANTE
    MORENO, MARÍA VICTORIA / MARIA VICTORIA MORENO
    Publicada en 1973, Mar adiante é a primeira novela en lingua galega de María Victoria Moreno e unha das novelas fundadoras da literatura infantil en galego. Unha mestra contoulles un día aos compañeiros que viña de poñer escola nun barco, o Arroás. Como non a creron, e ela sabe que non o soñou, escribe a historia para que os rapaces a coñezan. Sabemos entón de Miguel, un vello ...
    Consulta a dispoñibilidade

    11,95 €