0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA / Colección : DOMBATE 36 resultados

  • POEMAS ESCOLLIDOS
    POEMAS ESCOLLIDOS
    LOCHHEAD, LIZ
    Nestes Poemas escollidos, Liz Lochhead presenta unha selección persoal de poemas publicados nas últimas catro décadas. O amor e a memoria son a forza destas composicións, que van dende a linguaxe á paisaxe, dende o amor á historia, dende a paixón pola música e as artes plásticas ata o feminismo. Ás veces conmovedora, ás veces divertida, extravagante, sempre loitadora, franca e ...
    En stock

    18,70 €

  • A HERDADE
    A HERDADE
    SOUTO VILANOVA, CESAR
    Se os poemas deste libro se dispoñen a falar de herdanza e de xeración é en nome da xustiza, porque toda pretensión de xustiza —como sostiña J. Derrida— require consideración cara a eses outros que xa non son. Ao faceren seu ese propósito, os versos revíranse contra si mesmos. Constatan que “non abonda o que espella en van / o enfeite que apenas é pompa que non calla”. Contra o...
    En stock

    12,90 €

  • FOLGOS. TROBAS EXISTENCIAIS
    FOLGOS. TROBAS EXISTENCIAIS
    NOGEROL, JEI / NOGUEROL, JEI
    Jei Noguerol é coñecido en Galicia polo seu excelente traballo como cantautor, necesario para entender a música galega do último terzo do século pasado e do actual. Mais, alén do músico, habita nel un poeta que ten, como nas cancións, algo que contar, e faino dende un ollar directo, en absoluto alleo ao ritmo, mais concentrado en versos de granito e forza maiúscula. Un descubri...
    En stock

    10,70 €

  • POETA EN NOVA YORK
    POETA EN NOVA YORK
    GARCÍA LORCA, FEDERICO
    A Editorial Galaxia publica en galego a obra poética cume de Federico García Lorca coincidindo co gallo dos 80 anos da súa saída. Texto hipnótico, serviulle ao seu autor para explicar que os negros poden ser xitanos andaluces, e que o blues é flamenco, que todas as persoas senten igual en calquera lugar do mundo e que debaixo do asfalto de Manhattan latexa unha vida extraordina...
    En stock

    15,90 €

  • FRAGMENTO / CREBA
    FRAGMENTO / CREBA
    PÉREZ, ABRAHAM
    Un poemario dun autor que, malia a súa xuventude, é quen de gravitar coa palabra no máis profundo da conceptualidade ontolóxica, esa en que hai que entrar para entender o mundo ou, cando menos, para significalo. A realidade non é uniforme. A existencia móstrasenos. E a través das súas fendas, o poeta penetra dende sílabas tamén feitas anacos. O poema é un mapa que encaixa na re...
    En stock

    16,60 €

  • XENEALOXÍA DUN INTRUSO
    XENEALOXÍA DUN INTRUSO
    XUBÍN, ISAAC
    O poeta é un intruso. Introdúcese entre as cousas. Tradúceas a un idioma ignoto. Ese idioma tamén é para el alleo, nada propio lle pertence. Sente o seu país como unha paisaxe que interpretar, algo que soamente pode absorver do mesmo xeito que as metáfosas absorven e condensan o senso das verbas. O poeta leva tanto tempo a cruzar fronteiras que agora tamén é un intruso na súa c...
    En stock

    10,70 €

  • MINUTOS PARA MEDIANOITE
    MINUTOS PARA MEDIANOITE
    QUEIPO, XAVIER
    Partindo do tanxíbel, o poema esculca a zona iluminada polo foco da luz,ao tempo que estende a circunferencia do misterio que o arrodea. Poemas que se nutre da súa propia incerteza, mais entende que a beleza pode devir unha forma de opresión, que o equilibro é sempre pasaxeiro, e a perfección, frío plastificado. Sabe das teorías científicas que fican en estado de poesía até que...
    En stock

    13,00 €

  • LIBRE FAVOR, UN
    LIBRE FAVOR, UN
    PATO, CHUS
    Que lea esta obra hase atopar coa poesía nun estadio material, de cousa. Non esa poesía que está dentro dunha urna e non se pode tocar. Ao contrario, a sensación da apalpar algo maleable e ao tempo firme, sereno e desacougante, inasible e propio. A sensación dunha apropiación que non é propiedade. Poesía cun ton e unha intención, cunha forma e unha música que, con distorsións ...
    En stock

    13,95 €

  • INSCRICIONS
    INSCRICIONS
    CALLÓN, CARLOS
    A morte. A vida. O que as une. Pulsións que atrapa o poeta cando pretende que as palabras sexan marco para o apreixar todo. Estes poemas falan diso. Da morte, da dor, do odio, do amor. Da vida. Todo é todo e todo está en todo. Versos que furan o peito, que mancan. Poeta mancado que fai co poema, bálsamo. Un libro sobre os mapas da alma. E das palabras que o constrúen e rexistra...
    En stock

    15,90 €

  • A  ABERTURA DA BOCA
    A ABERTURA DA BOCA
    CALLÓN, CARLOS
    No Antigo Exipto existiu un ritual relixioso que recibiu o nome de “abertura da boca”, uep-rá. Con el, conseguíase que unha momia recuperase as funcións de alimentarse, comer, beber, respirar e ollar, ou ben que unha estatua cobrase vida. Carlos Callón convoca esta metáfora para se debruzar sobre unha “certa estadía nun certo inferno” e levarnos canda el polos lindes inmapeábei...
    Consulta a dispoñibilidade

    12,00 €

  • NOTAS SOBRE A EXTINCIÓN
    NOTAS SOBRE A EXTINCIÓN
    DACOSTA ALONSO, MARTA
    Notas sobre a extinción nace da capacidade de asombrarnos e descubrirmos a fermosura das pequenas cousas, de comprobar, unha vez máis, que a poesía é quen de borrar os límites do tempo e o espazo e de fixar, coma unha alfaia imprescindíbel, cada unha das palabras que nos construíron e nos negamos a perder. Poesía-antídoto. Poesía-paz.Contemplar e reconciliarnos coa vida. Descub...
    Consulta a dispoñibilidade

    16,60 €

  • HUMANARIO
    HUMANARIO
    GARCIA REGO, PILAR
    Lindes fráxiles como unha capa de xeo no mar de Bering entre o Hoxe e o Mañá. Humanario é un travelling polo máis evolucionado dos animais (oxalá un día venzan). É posible, iso si, que a viaxe comece cara abaixo (a Catá-base), ata o fondo da lama, ata non recoñecer as nosas propias mans. ...
    Consulta a dispoñibilidade

    13,95 €

  • TREVO. TRILOXÍA DO OUTONO
    TREVO. TRILOXÍA DO OUTONO
    SEIXAS, MANUEL
    Trevo é unha triloxía poética de vida, morte e ausencia concentradas. Unha ollada íntima, sutil e crúa na procura do sentido desta existencia inexplicable. Un berro, unha bágoa, un triste sorriso mergullados entre a rabia, impotencia, perda e maxia que os humanos levamos ás costas. ...
    Consulta a dispoñibilidade

    16,60 €

  • QUÉROTE. CANTO
    QUÉROTE. CANTO
    RAMOS, BALDO
    Dende un mesmo espazo compartido -o silencio- abrollan os poemas que, seguindo camiños paralelos, acabarán por desembocar nun texto-libro onde a determinación da autoría se dilúe a prol da afluencia e a resonancia. Baldo Ramos e Eva Veiga deciden internarse uns días no mosteiro de Oseira, mais sen compartir durante a estadía o que pensan nin o que escriben. O resultado é a comp...
    Consulta a dispoñibilidade

    18,00 €

  • ÁRBORES NO DESERTO
    ÁRBORES NO DESERTO
    FERNÁNDEZ RIAL, ROSALIA
    Igual que a escultura vive nos bloques de pedra andes de ser tallada, a poesía latexa no corpo en prosa do pensamento filosófico. Do mesmo xeito que as partituras sustentan as acrobacias da improvisación, entre os cimentos dos discurso sólidos brinca, funambulista, a liquidez dos versos. Así, este libro escribiuse ao desconstruír a voz e o trazo das súas autoras. Sobre a trama ...
    Consulta a dispoñibilidade

    15,90 €

  • ATLAS (PREMIO NACIONAL DE POESÍA XOVE 2020)
    ATLAS (PREMIO NACIONAL DE POESÍA XOVE 2020)
    CID, ALBA
    Velaquí este poemario de Alba Cid, unha poeta chamada a ocupar un lugar de seu na poesía galega próxima. Recoñecida dende moi nova en moitos certames poéticos, publica agora Atlas, un texto singular en que a palabra e a imaxe viaxan da man canda a ollada asombrada da poeta. Etimoloxías, historias naturais, prácticas culturais diversas… Os poemas e as fotografías fan calas nos ...
    Consulta a dispoñibilidade

    12,90 €

  • NA METADE DA NOITE
    NA METADE DA NOITE
    MARCELO PEREZ, LUIS
    Na metade da noite recolle, por primeira vez en galego, unha antoloxía do mellor da poesía de Luís Marcelo Pérez, unha fecunda carreira literaria de máis de 20 anos. Un poeta que é quen de atopar as palabras precisas para crear atmosferas de verdade onde a verba é puramente significante e se achega a onde non pode achegarse a linguaxe de seu. ...
    Consulta a dispoñibilidade

    10,00 €

  • SANTA MORTE
    SANTA MORTE
    DARRIBA, MANUEL / DARRIBA BLANCO, MANUEL ANXO
    A obsesión do límite (temporal, existencial, artístico) atravesa e condiciona toda a obra literaria do autor, na que a arte intenta cubrirse cun veo de misterio. Afortunadamente, ese misterio presupón e inclúe a posibilidade necesaria do desvelamento, da lectura, da interpretación. Nada é completamente enigmático porque a literatura é real, a poesía é unha cousa producida, unha...
    Consulta a dispoñibilidade

    13,95 €

  • OSTRAKA
    OSTRAKA
    VALLE, LUIS
    Aborda o esquecemento dunha parte das palabras e dos contextos vitais do eu poético. Nestes versos constrúese e noméase a desmemoria e todo aquilo que, aos poucos, vai caendo na insignificancia. Cunha escrita fragmentaria, precaria e marxinal, coma os fragmentos cerámicos nos que se rexistraba o nome dos condenados ao ostracismo, o poeta reflexiona sobre a vida, a linguaxe e o ...
    Consulta a dispoñibilidade

    16,60 €

  • CAMPO ABERTO
    CAMPO ABERTO
    SOUTO VILANOVA, CESAR
    A poesía ten que servir para poñerlle un marco á realidade Un límite ao campo. O poeta procura as categorías que o expliquen e o deixen fixado, e para iso a arma é o poema. Mais os versos son, moitas veces, o mesmo campo que se autoexplica. Usamos as palabras para pintar a realidade. E as palabras está feitas, á súa vez, de realidade. Só queda a poesía. Que a escribe. ...
    Consulta a dispoñibilidade

    12,90 €

  • PANTALLAS
    PANTALLAS
    PARRA, CELIA
    Neste novo poemario, a autora accede ao dicir poético dende a realidade cotiá das pantallas, os códigos binarios, a virtualidade e as memorias sempre difusas, inmediatas e volátiles, dos trebellos electrónicos que nos circundan e fan ser a clase de almas que agora somos. Unha voz poderosa en clave de bit poético ...
    Consulta a dispoñibilidade

    13,95 €

  • BALEAS E BALEAS
    BALEAS E BALEAS
    CASTRO LEGAZPI, Mº LUISA / CASTRO LEGAZPI, MARÍA LUISA
    En 1988 chegaba ás librarías Baleas e Baleas, o primeiro e único poemario en galego asinado por Luisa Castro ata a data, e que reaparece agora trinta anos despois convertido nun libro de culto. Considerado como un dos títulos máis rompedores das últimas décadas do pasado século, o discurso provocador e profético de Baleas e baleas non deixou indiferente nin a crítica nin a lect...
    Consulta a dispoñibilidade

    13,95 €

  • DO AMADO AMODO
    DO AMADO AMODO
    OUTEIRIÑO, MANUEL / OUTEIRI?O, MANUEL
    Nesta obra séguese o ritmo vagaroso do dicir. A expresión destes versos non está en consonancia con preceptiva ningunha: explora esgazaduras, fendas, desconcertos típicos dos nosos días. O poemario móvese entre o sublime e o popular, tal que, nos tempos modernos que corren, quizais o popular e o sublime sexan cousa semellante: expresar a nosa posición perante a continxencia. Ig...
    Consulta a dispoñibilidade

    12,90 €

  • MEMORIA DO CORPO
    MEMORIA DO CORPO
    RÁBADE PAREDES, XESÚS
    Esta Memoria do corpo é un tempo de investigación para o autor. Dentro de si mesmo, como debe de facer o poeta. É, sen dúbida, o seu mellor logro. E a frase non é arriscada. Así o sente o creador, que viaxa dende o barro por corpos e iniciacións eróticas e camiños que, coma todos os periplos, nos devolven ao punto de partida. Á palabra que funda o mundo. Aos sons primeiros que ...
    Consulta a dispoñibilidade

    11,60 €

  • CARTAS DENDE O ESQUENZO
    CARTAS DENDE O ESQUENZO
    RAMOS, BALDO
    É o diálogo entre un pai que envellece asfixiado pola perda da memoria e os seus fillos: un fillo que está dentro das súas palabras e unha filla que fala dende fóra, a pé da páxina. Un esforzo por poñerse no lugar do que esquece, por delimitar o sentimento de quen é consciente de que camiña cara á amnesia, cara á disolución do seu eu nas palabras dos demais e nas que deixou esc...
    Consulta a dispoñibilidade

    12,90 €

  • NOS-DENTRO
    NOS-DENTRO
    ESTÉVEZ, EDUARDO
    Poemario que explora os elementos do cotián. Os itinerarios de dentro constrúense coas mudanzas da luz, as rutinas dos habitantes e as interferencias que traen os libros. Porque as lecturas producen na voz poética reflexións sobre o cotián e os poemas dialogan cos autores que le e aos que convida a participar da vida da casa. Tamén é unha celebración da amizade: personas reais ...
    Consulta a dispoñibilidade

    13,95 €

  • TRES ESTUDOS PARA UN POEMA DA CIDADE
    TRES ESTUDOS PARA UN POEMA DA CIDADE
    BLANCO CASÁS, ANTÓN
    Esta obra debería entenderse dentro dun xogo de trindades. Un tríptico que encarna un feito común para as diversas figuras e, ao tempo, vela para que permanezan separadas, non resoen. Non se trata dun poema tripartito senón que presenta tres conxuntos de anotacións para un mesmo texto indivisible. Unha voz que se afasta do lírico sen rexeitalo, buscando recursos na poesía épica...
    Consulta a dispoñibilidade

    10,70 €

  • MUDANZAS E OUTROS VELENOS
    MUDANZAS E OUTROS VELENOS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Reúnense neste libro tres poemarios centrais na obra da súa autora: Catálogo de velenos (Premio Esquío de Poesía, 2001), Abecedario de árbores (2006) e Mudanzas (Premio Caixanova, 2006). Tres fitos dunha poética na que a morfoloxía da terra e as súas rochas, montes, fragas, ríos e mares xeran unha carta xeográfica que desvela o que hai detrás da aparencia. A voz da poeta elévas...
    Consulta a dispoñibilidade

    18,00 €

  • LATEXO BEAT
    LATEXO BEAT
    VARIOS / VARIOS AUTORES
    A obra recolle poemas, en galego, castelán e inglés, de 64 poetas que ao longo destes anos recitaron no Festival Kerouac de Vigo, un dos festivais de poesía urbana máis importantes de todos cantos se celebran en España. Unha concentración lírica desmitificadora, moderna, onde os versos son ceodós e as rimas, cando as hai, lategazos. Unha presa de voces congregadas arredor dun c...
    Consulta a dispoñibilidade

    16,60 €

  • CORPO DE ANTIOCHIA
    CORPO DE ANTIOCHIA
    PADÍN, TAMARA / ANDRÉS, TAMARA
    Primeiro poemario da autora nesta colección É unha forma de viaxe a través do tempo, das cronoloxías e das maneiras de mirar dunha poeta que quere, nun verso, atrapar os mundo, físicos ou simbólicos, que a circundan. Tamara Andrés demostra, aquí, que é xa moito máis ca unha poeta nova. É unha voz poderosa de seu. ...
    Consulta a dispoñibilidade

    12,90 €


01 02