0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS EMBORA / Colección : NARRATIVA GALEGA 9 resultados

  • COMO A RODA NO MUÍÑO
    COMO A RODA NO MUÍÑO
    SUSO LISTA / LISTA NEIRA, SUSO
    E se a vida se volve toda en desandar o Camiño que nos leve ás terras do solpor e tamén a unha orixe inimaxinable? As compañas de viaxe en nada van axudar pois son pléiade de antagonistas, mais incapaces de afogar o ánimo deste ousado camiñante. O ciclo da vida narrado como roda de muíño que xira e xira para brindarnos con mestría un mundo onde o cotián se converte moitas veces...
    Consulta a dispoñibilidade

    20,00 €

  • BADALADAS DE ANLLÓNS
    BADALADAS DE ANLLÓNS
    FARRUCO GRAÑA / GRAÑA RAMA, FARRUCO
    "Badaladas de Anllóns" é un canto ás augas do río Anllóns. Desde os montes de Santa Leocadia e de Montemaior baixan as súas augas cara ao suroeste para xunguírense coas do Rosende e o Taboada, abrazadas nun mesmo curso. Os relatos que conforman "Badaladas de Anllóns" tamén percorren a nosa xeografía, así como a nosa historia: desde finais do século XVI ata os nosos tempos. Toda...
    Consulta a dispoñibilidade

    15,00 €

  • O MEDO É LIBRE
    O MEDO É LIBRE
    CONCHA BLANCO / BLANCO BLANCO, CONCHA
    As noites axexan e, con elas, as historias de terror que activan os sentidos dos lectores. Neste monllo de relatos de Concha Blanco atopamos turbación, inseguridade, medos e tamén, ás veces, a tranquilidade que produce saber de certo que as cousas non son sempre o que parecen. As impresións que causa o descoñecido poden producir desacougo, pero tamén son motivo de pracer. ...
    Consulta a dispoñibilidade

    11,00 €

  • CHARAMUSCAS
    CHARAMUSCAS
    SUSO LISTA / LISTA NEIRA, SUSO
    A linguaxe de Suso Lista ten a memoria humana, mais tamén a memoria líquida das ondas vagabundas e a memoria da ardentía no corazón do mundo. Talvez por iso é un xeito de narrar que nos acouga e desacouga, que nos equilibra e desequilibra que desvela e alumea zonas de sombra na condición humana, pero non fica aí, conformista, senón que deita novos enigmas. Tende conta ao intent...
    Consulta a dispoñibilidade

    14,00 €

  • A VIRXE DAS AREAS
    A VIRXE DAS AREAS
    ANTONIO MANUEL FRAGA / FRAGA, ANTONIO MANUEL
    Consulta a dispoñibilidade

    12,00 €

  • TRES BALAS
    TRES BALAS
    LÓPEZ, MANUEL / LÓPEZ MARTÍNEZ, MANUEL
    Sangue, sexo e ruindade son os ingredientes de base empregados na elaboración desta curta historia que nos leva a un tempo no que un proxectil clandestino tiña un custe equivalente á paga dun xornaleiro. Tamén nos leva a un lugar domeado polo medo e a unha xente na que se mestura a loita perdida por uns ideais con outra loita desesperada por sobrevivir. Tres balas é unha ficci...
    Consulta a dispoñibilidade

    10,00 €

  • CINCO HORAS CON MAURO
    CINCO HORAS CON MAURO
    TOBARUELA, PERE
    Reimpressió

    10,00 €

  • ISELA
    ISELA
    LÓPEZ, CARLOS / LÓPEZ GÓMEZ, CARLOS
    Isela é unha nena moi lista e imaxinativa. Vive en Cidade Clara cos seus pais e o seu avó. Cidade Clara é un lugar onde acontecen feitos verdadeiramente sorprendentes e habitan personaxes divertidos, que iremos coñecendo da man da pequena protagonista. Non te demores máis e vén visitar Cidade Clara, a cidade de Isela. ...
    Consulta a dispoñibilidade

    10,00 €

  • XEIXOS
    XEIXOS
    LISTA, SUSO / LISTA NEIRA, SUSO
    Moi duro debe resultar o inverno en Corme para que o seu cronista principal sexa un percebeiro que un bo día, vendo a resignación da xente na terra, decidiu ollar para este lado e contarnos o que acontecía. A normalidade nunca parece cousa desta parte do mundo, adestrada no vicio da réplica... “Só no fondo do mar nunca chove. Nin hai vento”. Nestes trinta relatos ou pequenas cr...
    Consulta a dispoñibilidade

    15,00 €