0

Búsqueda de LIBROS DEL AUTOR: queizan maria xose 12 resultados

  • O SEGREDO DA PEDRA FIGUEIRA
    O SEGREDO DA PEDRA FIGUEIRA
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala desde a illa de Rocasul cara ao Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficos Lurpios, que botaran a tribo da illa de Tule por atopar unha espada coa que mataron o Gran Dragón. Na perigosa travesía avistan a Caverna dos Tesouros, que arrastra o barco ata que se desprenden de todas as ...
    En stock

    14,50 €

  • AMOR DE TANGO
    AMOR DE TANGO
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    En «Amor de tango» María Xosé Queizán presenta unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. É a novela das traballadoras que espertaron á vida naquela urbe pionei...
    Consulta a dispoñibilidade

    18,50 €

  • DESPOXOS E VÍSCERAS ILUSTRES
    DESPOXOS E VÍSCERAS ILUSTRES
    QUEIZÁN, MAR¡A XOSÉ / QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    O corazón de Percy B. Shelley, poeta romántico inglés, é un dos protagonistas deste libro. Despois dunha morte por afogamento e de pasar varios días no mar, as amizades conseguen incinerar o escritor, pero a súa víscera do amor e dos sentimentos, a máis acaída ao romanticismo, resístese á desaparición para regresar a carón da súa amada Mary e do seu fillo Florence. O cerebro de...
    Consulta a dispoñibilidade

    20,95 €

  • VIVIR A GALOPE
    VIVIR A GALOPE
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vital dunha das autoras máis relevantes e influentes da literatura galega e, ao tempo, o relato de toda unha época. Desde os primeiros anos da súa infancia viguesa, escritos cunha prosa brillante, ata a actualidade, a escritora María Xosé Queizán vai debullando a súa vida en ...
    Consulta a dispoñibilidade

    33,50 €

  • ROSALÍA DE CASTRO E O PODER SEXUAL
    ROSALÍA DE CASTRO E O PODER SEXUAL
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Rosalía de Castro é unha das escritoras que mellor comprendeu e reflectiu na súa obra, tanto poética como narrativa, a sedución, entendendo esta como o poder sexual que os homes exercen sobre as mulleres. Quere isto dicir que a primeira escritora galega no século XIX, recoñecida e valorada na actualidade por todos, ten como leitmotiv da súa obra a sexualidade e o poder patriarc...
    Descatalogat

    19,50 €

  • SON NOXENTO
    SON NOXENTO
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Suso ‚ un detodas». Con«nena ben, atradicionaismoverse o cuSon noxentoindividuo ablamentablemesaiba ben co-nin sequeraQueiz n confdiante do or de Son noxeAdemais de anoxento ‚ unimprescindibdram ticos anoxento conttrav‚s dun eMar¡a Xos‚ Q ...
    Consulta a dispoñibilidade

    18,50 €

  • BONECA DE BLANCO AMOR, A
    BONECA DE BLANCO AMOR, A
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    A boneca que dá título ao libro, e que tamén é a xénese do texto, viaxa de Punta Arenas, en Chile, ao pazo dos Andrada, onde vai xogar un decisivo papel na obsesión sexual dun dos personaxes de A esmorga e, talvez, no seu dramático final. A obra mestra de Blanco Amor señorea toda a novela de María Xosé Queizán, estendéndose de forma analéptica até a inaugural viaxe de Magalhães...
    Consulta a dispoñibilidade

    16,70 €

  • EMILIA PARDO BAZÁN
    EMILIA PARDO BAZÁN
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    «Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. É filla única e os seus amigos van ser os libros. Le todo o que encontra, incluso os papeis de envolver as pedras de azucre...» María Xosé Queizán convídanos a percorrer a época en que viviu Pardo Bazán e achéganos a súa vida e obra dunha maneira sinxela e entretida. O volume inclúe unha cronoloxía e unha escolma...
    Consulta a dispoñibilidade

    12,50 €

  • O SOLPOR DA CUPLETISTA
    O SOLPOR DA CUPLETISTA
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    En O solpor da cupletista María Xosé Queizán focaliza o seu oficio narrativo nun momento final da vida da Bela Otero para presentarnos unha das mulleres saídas de Galicia cunha forza, unha beleza e unha intelixencia tan soberbia que logrou o protagonismo estelar no momento histórico da vida alegre. Recorrendo ao flash back, a autora condúcenos á infancia daquela nena, de extrac...
    Consulta a dispoñibilidade

    20,50 €

  • MEU PAI VAITE MATAR
    MEU PAI VAITE MATAR
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Tras rematar un máster de criminoloxía, Diana, a filla dunha parella de progresistas, ingresa na Brigada da Policía Xudicial, onde coñecerá a Mario, un mozo aleitado no rural, co que axiña ennoivará. A tía Lola, a irmá solteira da nai de Diana, agocha no seu caserío de pedra os vestixios do que fora unha familia de certo avoengo. Entre aquelas antigallas, Diana atopará algunhas...
    Consulta a dispoñibilidade

    20,95 €

  • AMOR DE TANGO
    AMOR DE TANGO
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    En Amor de tango María Xosé Queizán constrúe unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. É a novela das traballadoras que espertaron á vida naquela urbe pioneira...
    Consulta a dispoñibilidade

    19,50 €

  • TEN O SEU PUNTO A FRESCA ROSA
    TEN O SEU PUNTO A FRESCA ROSA
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Consulta a dispoñibilidade

    12,00 €