- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA
- Año de edición:
- 2018
- Materia
- Teatro
- ISBN:
- 978-84-9151-301-8
- Páginas:
- 184
- Encuadernación:
- Bolsillo
HOME TRAVESEIRO, O
MACDONAGH, MARTIN / MCDONAGH, MARTIN
Na cidade de Kamenice, nun lugar indeterminado da europa Central, varios meniños e meniñas desaparecen. Os detectives Tupolski e Ariel deteñen e levan á comisaría dous irmáns, Katurian e Michal, logo dun rexistro na súa casa, onde atoparon probas que os poderían incriminar. O primeiro é un escritor de relatos que traballa no servizo de limpeza do matadoiro da cidade, mentres o segundo acode a un centro ocupacional para persoas con diversidade cognitiva. A medida que progresa o seu interrogatorio iranse ofrecendo detalles da vida de ambos, saberemos o tipo de relatos que escribe o maior dos irmáns e coñeceremos a sorte dos nenos e nenas desaparecidos. Pero tamén poderemos ler algunhas historias especialmente arrepiantes na mellor tradición da literatura popular infantil.