0

Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : NARRATIVA 259 resultados

  • A REDE BRANCA
    A REDE BRANCA
    MORGAN, PACO
    Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaína que, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes de luxo até patios de prisión. Un narcotraficante ...
    En stock

    14,50 €

  • (G).NINGUEN CONTARA A VERDADE.(PREMIO XERAIS 2023)
    (G).NINGUEN CONTARA A VERDADE.(PREMIO XERAIS 2023)
    FEIJOO, PEDRO
    Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas. Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, ...
    En stock

    24,95 €

  • A MULLER XABARIL
    A MULLER XABARIL
    CASALDERREY, FINA
    Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolto...
    En stock

    18,95 €

  • PECADOS VENIAIS
    PECADOS VENIAIS
    LÓPEZ, NAZARET
    Vinganza, traizón, envexa, ira, mentiras, luxuria, avaricia. Casualidades e causalidades. Faltas máis ou menos graves, erros fatais. Coma elos dunha mesma cadea, as mulleres que transitan por «Pecados veniais» teñen en común a circunstancia de que nun intre da súa vida algo as leva a tomar decisións, a adoptar condutas, a converterse en protagonistas de sucesos que xamais imaxi...
    En stock

    17,95 €

  • ESTRANXEIRAS
    ESTRANXEIRAS
    P.G. GRANXEIRO, CARMEN
    A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présas e levando consigo pouco máis que o portátil e unhas mudas. A menos de dous quilómetros, noutro punto da aldea, Maruxa recibe a súa neta Mara e a crianza desta que, coa intención de pasar o verán na casa familiar, descargan algunhas...
    En stock

    17,50 €

  • TRÁVELIN
    TRÁVELIN
    PIÑEIRO, ANTONIO / PI¥EIRO, ANTONIO
    Santiago de Compostela, en pleno apoxeo da movida dos oitenta, vibra na noite do xoves. Centos de estudantes universitarios móvense polas rúas do ensanche. Unha nova no Telexornal dá conta dun achado nun vehículo abandonado entre as silveiras da periferia. A cámara de televisión evoluciona sobre o suceso coma nun trávelin ata a imaxe final, na que o inspector Alaín examina o es...
    En stock

    17,50 €

  • SIBILA
    SIBILA
    ANEIROS, ROSA
    E noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. E a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle...
    En stock

    17,95 €

  • O PESO DO CEREBRO
    O PESO DO CEREBRO
    CONSTELA, XESUS
    En «O peso do cerebro», unha sorprendente e innovadora novela de Xesús Constela, cuestiónase de que xeito, chegada a vellez, poden as nosas lembranzas confabularse para nos manipular e en que lugares se agachan esas memorias traizoeiras. Na cidade barco, que languidece tras perder o lustre do seu glorioso pasado de grandes estaleiros e insignes navegantes, don Honorio, enguedel...
    En stock

    18,95 €

  • COIDADORA
    COIDADORA
    MARCO, MARÍA
    A novela «Coidadora», de María Marco, Premio Xerais 2020, descóbrenos unha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade: o das coidadoras. Os coidados signifícanse como a expresión máis radical da disidencia, como un acto político, revolucionario e antiprodutivista capaz de desconcertar o capitalismo. A través dun relato poliédrico, a personaxe principal coné...
    En stock

    18,50 €

  • A GRAN TRAVESÍA DE CHIRUCA MACALLÁS
    A GRAN TRAVESÍA DE CHIRUCA MACALLÁS
    SOUTO, XURXO / XURXO SOUTO
    O arrastreiro Macallás sae das Arneiras, a cidade da Torre e da area do Berbés. O seu destino: Rockall, rocha perdida, entre Escocia e Islandia. O Con de Marín, tal lle din pola nosa ribeira. Manda na ponte unha muller, Mercedes, patroa de pesca e, antes, famosa vocalista do conxunto ForzA dozZE! É unha marea ben curiosa. Entre lance e lance, a mariñeira heavy vai entrar en tra...
    En stock

    17,95 €

  • LUNS
    LUNS
    RIOS, ELI / ELI RIOS
    Nerea ten a vida organizada. Pode considerarse unha muller con éxito dentro do estándar que marca a sociedade: é funcionaria, ten unha filla e un fillo, casada e con casa propia. No entanto, un luns recibe un diagnóstico de cancro de mama que o cambia todo. Vai morrer e ten apenas dous meses por diante e mil cousas pendentes por facer, que non poden ficar sen resolver. Moi pouc...
    En stock

    18,50 €

  • O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA
    O ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA
    RIVAS, MANUEL
    A libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente. Cando chega o ultimato e se pon en marcha o proceso de desa...
    En stock

    19,95 €

  • A NOITE ENRIBA
    A NOITE ENRIBA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Un escritoresquecidos dobra m is amnorteamericaexistencialiVicente Maloazos suficie a s£a poten Constru¡daenriba pres‚que reflexioda man de poitinerario n de David Gohistoria tenAfondando nonarrativa, Ado x‚nero da que se reflradical. ...
    En stock

    19,50 €

  • A MEMORIA DA CHOIVA
    A MEMORIA DA CHOIVA
    FEIJOO BARREIRO, PEDRO / PEDRO FEIJOO
    Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na esce...
    En stock

    24,50 €

  • AS CHAMADAS PERDIDAS
    AS CHAMADAS PERDIDAS
    RIVAS, MANUEL
    Como cando as paredes oen aos amantes, ?Así, máis, máis, máis?, estes novos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e O lapis do carpinteiro, non foxen da realidade senón que procuran máis e máis: ¡Máis realidade! A memoria viaxa no lombo da linguaxe. Os recordos aquí non son pasado. Serven para a restauración da vida por medio tamén das sensacións e dunha m...
    En stock

    19,50 €

  • A MAN DOS PAÍÑOS
    A MAN DOS PAÍÑOS
    RIVAS, MANUEL
    Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíños, os heroes correntes dunha identidade solapada, ocultada a cotío por mor dos virus que borran a memoria. Emigración e naufraxio son experiencias que nos levan a un espacio fronteirizo, de loita pola supervivencia e tamén de renacer...
    En stock

    19,50 €

  • SE ISTO É UN HOME
    SE ISTO É UN HOME
    LEVI, PRIMO / PRIMO LEVI
    Se isto é un home é unha obra desgarradora, brutal, que dá conta da vida cotiá de Primo Levi e os seus compañeiros no campo de concentración de Auschwitz-Birkenau durante o nazismo. Sometidos á terrible dor da fame, da sede, do frío, da violencia, do medo e da falta de solidariedade, os prisioneiros habitaron un non-lugar onde as condicións para a vida humana quedaron suspendid...
    En stock

    19,50 €

  • A FERIDA IMAXINARIA
    A FERIDA IMAXINARIA
    BERTA DÁVILA
    «A ferida imaxinaria» conta a historia de dúas parellas de irmás distanciadas, dous peixes laranxas e un ganso doméstico. E tamén a dos habitantes da aldea de Soutelo, cerca de Viveiro. Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total, pero ningunha das protagonistas ten un interese especial no fenómeno. As catro están mergulladas na súa propia escuridade. Un acu...
    Consulta a dispoñibilidade

    17,95 €

  • COA MAN ESQUERDA
    COA MAN ESQUERDA
    QUIROGA, XABIER
    En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de follas atropeladamente manuscritas. Nelas, un vello moribundo que moraba nunha residencia de anciáns asolada pola pandemia conta os desacougantes sucesos que viviu sendo neno na súa casa afastada da aldea e que o marcaron para sempre. Esa especie de confesión ou lega...
    Consulta a dispoñibilidade

    17,95 €

  • MIÑO
    MIÑO
    DEL CAÑO, XOSÉ MANUEL
    Na antoloxía «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Le-tras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral do estado da narrativa galega actual. Como escribe Rexina Vega no limiar que dá entrada á obra, os textos achegados polas autoras e autores amosan «a enorme diversidade e cali...
    Consulta a dispoñibilidade

    24,95 €

  • VIVA A COMUNA!
    VIVA A COMUNA!
    MEIXIDE, CARLOS
    «Viva a Comuna!» é a crónica novelada dos sucesos que rodearon a proclamación e a derrota da Comuna de París na primavera de 1871. É a historia dunha revolución, o relato da toma do poder por parte das clases populares dunha cidade que naquela altura era o epicentro da modernidade. Novela de longo alento, ambiciosa e emocionante, nas súas páxinas cobran vida personaxes irrepeti...
    Consulta a dispoñibilidade

    24,50 €

  • NON TEMERÁS OS COCHES AMARELOS
    NON TEMERÁS OS COCHES AMARELOS
    VILLAR, MAR / MARTA VILLAR
    A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e...
    Consulta a dispoñibilidade

    19,50 €

  • VÉMONOS MAÑÁ
    VÉMONOS MAÑÁ
    MONTEAGUDO, XOSE
    A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude. Agora pretende velo para oír dos seus labios as explicacións que leva demasiado tempo agardando. «Vémonos mañá» é o re...
    Consulta a dispoñibilidade

    18,95 €

  • AMOR DE TANGO
    AMOR DE TANGO
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    En «Amor de tango» María Xosé Queizán presenta unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. É a novela das traballadoras que espertaron á vida naquela urbe pionei...
    Consulta a dispoñibilidade

    18,50 €

  • LOBOS DOENTES
    LOBOS DOENTES
    TIZÓN, ANTONIO
    Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tres prostíbulos. Este será o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorías que semellan ter un só punto en común: a aplicación da lei do talión. Esta novela, na que o policía Sánchez Pereiro se transforma noutro dos moitos lobos e lobas...
    Consulta a dispoñibilidade

    19,95 €

  • A CULPA
    A CULPA
    SOLAR, MARÍA
    Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mínimo detalle as súas contas millonarias. Amanda, unha novísima empregada da oficina, aténdea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señora Gondar falece e Amanda...
    Consulta a dispoñibilidade

    18,50 €

  • ETCETERAMENTE
    ETCETERAMENTE
    DE TORO, XELÍS / XELIS DE TORO
    Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe polo...
    Consulta a dispoñibilidade

    24,50 €

  • A MONTAÑA DO POETA
    A MONTAÑA DO POETA
    REXES, LIONEL
    É pouco coñecido o vínculo do escritor Antonio Noriega Varela, alcumado «O poeta da montaña», cunha vetusta construción situada no Alfoz do Castrodouro. Deste feito real parte unha ficción absolutamente contemporánea, unha trama que recrea o ocaso dun rural onde a mocidade loita por atopar oco e onde os anciáns, acompañados dos seus cans, matan o tempo morto legando a bagaxe da...
    Consulta a dispoñibilidade

    17,50 €

  • ZOOM
    ZOOM
    D. VEIGA, RAMÓN / RAMÓN D. VEIGA
    Ramón D. Veiga pídelles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos (algún só afeccionado á fotografía) que lle envíen unha imaxe da súa autoría. A que escollan. A que máis rabia lles dea. O obxectivo é argallar unha historia para cada unha delas, achegar unha ollada diferente, unha interpretación persoal sobre a obra desas creadoras e creadores (cinco mulleres e cinco homes) que tan...
    Consulta a dispoñibilidade

    16,95 €

  • LÚA NOVA
    LÚA NOVA
    MONTERO, IRENE
    Lúa Lóngora é unha pianista recoñecida e admirada no mundo enteiro. Coa música como eixe sobre o que se vertebra toda a súa existencia, goza dunha vida plena e afortunada rodeada de seres que a queren e que a axudaron a desenvolverse como profesional e como persoa. Lúa é cega de nacemento, unha condición que non lle impediu avanzar no seu camiño, erguéndose despois de cada trop...
    Consulta a dispoñibilidade

    16,50 €


01 02 03 04 05 06 07 08 09