- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA
- Año de edición:
- 2021
- Materia
- Memorias
- ISBN:
- 978-84-9151-763-4
- Páginas:
- 374
TESTEMUÑO DA GUERRA CIVIL
RIOS LEZCANO, ISABEL / RÍOS, ISABEL
Testemuño da Guerra Civil é o relato íntimo dunha vida de compromiso cos demais. Por momentos parece a transcrición dun relato oral feito pola autora, pero os seus netos lembran o ruído da vella máquina de escribir na casa tras a súa volta a Madrid.
Despois de fuxir de golpes militares en España, na Arxentina e Chile, Isabel deixa constancia no seu libro das tres grandes traizóns que marcaron a súa vida: a dos militares que derrocaron a República española, a dos Aliados que non interviñeron contra Franco tras a Segunda Guerra Mundial, e a que para ela supuxo a transición á democracia tras a morte de Franco. Á súa expulsión do PCE non lle dá máis importancia que á da vinganza duns dirixentes mediocres e burocratizados.
Isabel morreu botando en falta Galicia e convencida de que, de volver nacer, faría o mesmo.