- Editorial:
- XERAIS
- Año de edición:
- 2012
- ISBN:
- 978-84-9914-278-4
- Páginas:
- 64
- Encuadernación:
- Rústica
PAPELIÑOS C.VACACIÓNS 3 ANOS
CAMPUZANO VALIENTE, MARÍA DOLORES
O verán é a mellor época do ano para que os nenos e as nenas vivan novas experiencias. Durante este período permanecen moito tempo no ámbito familiar, sen horarios ríxidos, sen présas, e non sempre resulta doado organizar o tempo libre. Ademais, cambian os hábitos, as rutinas, coñecen novas persoas, ambientes, lugares...
Este caderno de vacacións pode ser o motivo para sentar con eles e elas un anaquiño ao día. Conversade sobre os conceptos que trata, que eles vos expresen as súas opinións, e animádeos a que os traballen. Cómpre que non perdan o hábito de traballo escolar tan recentemente adquirido.
Este material didáctico ten como finalidade:
? Favorecer a vosa implicación na educación dos pequenos e das pequenas.
? Reforzar e repasar os coñecementos adquiridos durante o curso.
? Fomentar o traballo autónomo dos vosos fillos e fillas.
? Exercitar aptitudes como: a memoria, a atención, a percepción, a coordinación,
o razoamento lóxico, a comprensión e expresión oral?
? Fomentar a comunicación e o diálogo con eles e con elas.
? Reforzar hábitos adquiridos na escola (hixiene, alimentación, descanso, seguridade persoal?).
? Desenvolver a creatividade.
? Reforzar a aprendizaxe da lectoescritura.
Contén actividades sinxelas, amenas, divertidas, entretidas, axeitadas ás características, capacidades e intereses dos vosos fillos e fillas, variadas e flexibles para asegurar a súa motivación e interese. De forma lúdica, abordan contidos das tres áreas curriculares traballadas durante o curso: Coñecemento de si mesmo/a e autonomía persoal, Coñecemento do contorno (medio físico, natural, social e cultural) e Linguaxes: comunicación e representación.