- Editorial:
- XERAIS
- Año de edición:
- 2005
- ISBN:
- 978-84-9782-312-8
- Páginas:
- 80
- Encuadernación:
- Otros
O TEMPO DAS PALABRAS EN VOZ BAIXA
GROBÉTY, ANNE-LISE
Óscar e o heroe desta historia son verdadeiros amigos; como tamén o son os seus pais, amigos desde sempre, amantes da poesía, compartindo unha profunda comuñón, aos que lles gusta rir e falar no xardín xunto ás colmeas. Pero un día todo abanea, cando chegou o tempo das palabras en voz baixa, cando as voces comezaron a mudar de entoación e intensidade, e algunhas fixéronse moito máis altas ca outras. Despois, houbo cada vez máis bandeiras e desfiles, ata o día en que todo quedou patas arriba, o día negro na escola.
Este libro, emocionante e fermoso, de Anne-Lise Grobéty, ilustrado por Esperanza León, sobre os campos de exterminio nazi do pobo xudeu, esa parte terrorífica da historia da humanidade, incríbese no deber da memoria; mais tamén é unha lección sobre ata onde pode chegar os límites da amizade. Un libro de ton intimista e silencioso que alerta sobre os perigoso do esquecemento e a importancia da memoria para que non se cometan os mesmos erros.