- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-9151-743-6
- Páginas:
- 170
- Encuadernación:
- Otros
NOTICIAS DA MODERNIDADE. A MULLER MODERNA NA PRENSA GALEGA DOS ANOS 20
CAMPOS PICO, RAQUEL / C. PICO, RAQUEL
Estamos na Galicia dos anos 20 e asistimos a unha revolución: as mulleres cortan o pelo, fuman e bailan charlestón!, e os medios galegos non poden parar de falar de todo iso. A muller dos nosos días é inquieta e dinámica, asegura unha crónica. Farei golf, pintareime, non me prohibirás, querido, que saia no meu Chevrolet sen o cravo do marido, promete a protagonista dun poema.
Internarse nos medios galegos de entón permite descubrir unha Galicia un tanto esquecida e que parece case secreta, a da época dourada da muller moderna. Ademais de cambiar o corte de pelo e o das saias, as mulleres do momento estudan, traballan e son vistas con certa incomprensión polos señores da súa época.