- Editorial:
- XERAIS
- Año de edición:
- 2022
- ISBN:
- 978-84-1110-046-5
- Páginas:
- 136
- Encuadernación:
- Rústica
BOCADOS MATEMÁTICOS
GONZÁLEZ OGANDO, PAULO
As matemáticas están presentes no día a día, aínda que ás veces non nos decatemos. Unha mirada adestrada consegue identificar elementos xeométricos, numéricos, lóxicos ou estatísticos ao seu arredor en multitude de situacións. Desde a forma do balón de fútbol ata o número que nos asignaron no noso DNI, nestas páxinas explícanse exemplos variados de aplicacións das matemáticas. Algunha delas é ben insospeitada e incluso pode producir abraio.
A ciencia leva a formular preguntas porque sen preguntas non hai respostas. Bocados matemáticos dá respostas, fomenta a curiosidade e persegue que se perda o medo a facer uso das matemáticas.