- Editorial:
- XERAIS
- Año de edición:
- 2021
- Materia
- Poesía
- ISBN:
- 978-84-9121-935-4
- Páginas:
- 80
- Encuadernación:
- Rústica
AS VAIDOSAS AGONÍAS
IX PREMIO DE POESIA MANUEL LUEIRO REY
ALONSO, XURXO / XURXO ALONSO
«As vaidosas agonías», título en que se recolle unha epígrafe de Gesualdo Bufalino, é un poemario que agroma durante a centena de días que durou o confinamento e nace da experiencia dese feito insólito e terrible que sacode o mundo. Estes versos son anotacións desa viaxe comunitaria cara aos territorios da morte, unha exploración poética sobre un inesperado tempo do medo e a súa constancia para a desolación. A voz poética, que tenta comunicarse cos ausentes no medio da confusión, é un fío de desalento que percorre o texto asíndose no baleiro aos espellos da esperanza.