- Editorial:
- XERAIS
- Año de edición:
- 2021
- Materia
- Infantil
- ISBN:
- 978-84-9121-961-3
- Páginas:
- 168
- Encuadernación:
- Otros
A CIDADE DO ÁTOMO
MISA, IRIA
Tras a explosión no reactor 4 da planta
nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa
evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante
a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás Lena
Petrov, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre as
rúas e edificios baleiros. Non hai nin rastro da súa mellor amiga, Svetlana, e
agarda con ansia o regreso da súa nai. Tan só o enigmático Máscara parece
adaptarse tan mal coma ela á nova orde das cousas. Que segredo agochará?
Unha estremecedora historia ambientada
na cidade fantasma de Prípiat, tras o desastre ecolóxico de Chernóbil.