Condicións de venda


1. Natureza do contrato

A través deste portal web o cliente (entendéndose como tal calquera persoa física ou xurídica) poderá adquirir os diferentes produtos ofertados por A Libraría. Daqueles produtos dos que A Libraría non dispoña de existencias nese momento, a súa intervención limitarase a canalizar a solicitude do cliente diante da distribuidora e, no caso de confirmarse por parte da distribuidora a existencia do produto solicitado polo cliente, este poderá iniciar o trámite para a adquisición do devandito produto a través deste portal web sobre a base dos termos e das condicións establecidos.

2. Rexistrarse como cliente

Cómpre rexistrarse como cliente na web para:
- cambiar a clave do acceso á conta.
- consultar o estado dos pedidos pendentes.
- consultar ou modificar os seus datos persoais.
Non é necesario rexistrarse como cliente para:
- comprar.
Para rexistrarse como cliente vostede deberá cubrir o formulario de rexistro, no apartado "a miña conta" (accédese na parte superior dereita do menú principal) ou ben en calquera momento no que se lle solicite a identificación de acceso (páxina de 'log-in').
A súa dirección email e un contrasinal son os datos que o identifican como cliente. Se esqueceu o contrasinal, seleccione a opción correspondente e enviarémosllo á súa caixa de correo.
Pode modificar os seus datos persoais (cambio de enderezo, de email,…) ou cambiar o seu contrasinal entrando dende a mesma opción "a miña conta" no menú principal. Se realiza un pedido, teranse en conta os datos que tivera rexistrados nese momento.

3. Cómo comprar


O idioma no que se perfeccionará o contrato entre A Libraría e o cliente é o castelán. Para comprar non é imprescindible estar rexistrado coma cliente (ver punto anterior). Dende a páxina descritiva do produto, despois de pulsar o botón "comprar", accédese a un formulario con toda a información sobre as opcións de envío e pagamento. Unha vez formalizada a compra, os seus datos de rexistro serán os empregados para a formalización da compra, da que se xerará un documento electrónico que non poderá ser accesible e que será arquivado por A Libraría, aínda que o cliente poderá acceder ao estado do seu pedido. Calquera erro na introdución dos seus datos deberá ser emendado antes da formalización da compra. De ser detectados inmediatamente despois de formalizala, deberá poñerse en contacto inmediato con A Libraría para comunicarlle a devandita incidencia.
Os títulos que constan na nosa base de datos corresponden aos libros que foron dados de alta nalgún momento na nosa libraría, sendo os datos que proporcionamos os referidos ao devandito momento.
Por iso, naqueles títulos que non son de "dispoñibilidade inmediata" (libro "non dispoñible"; libro "esgotado") a información sobre dispoñibilidade e prezo será a facilitada polo distribuidor, limitándose A Libraría a canalizar a solicitude do cliente ante o distribuidor. Unha vez confirmada por este último a existencia e o prezo do produto, informarase por email ao cliente para que, se así o desexa, comece os trámites de compra a través desta web.

Os prezos indicados na nosa web levan incluído o I.V.E. (Imposto sobre o Valor Engadido).

Nos pedidos realizados dende países non pertencentes á Comunidade Europea, hai que deducir do importe total do pedido, o 4% nos libros e o 21% nos obxectos e audiovisuais, porcentaxes que corresponden ao I.V.E..

4. Notificación de recibo

Unha vez formalizada a compra, recibirá unha notificación de recibo dentro das 24 horas seguintes á formalización, onde se especifican os datos da compra.

5. Forma de pagamento

Vostede poderá elixir a forma de pagamento entre as diferentes opcións que se lle indican no proceso de compra. Para iso, deberá acceder á "cesta da compra" e elixir no menú despregable, cal das diferentes formas de pagamento é a que desexa.
6. Datos de facturación e envío

Por defecto os datos de envío e facturación son os que constan na ficha do rexistro do cliente. Os datos de facturación só será necesario introducilos se fosen distintos dos de envío.

6. Datos de facturación e envío

Por defecto os datos de envío e facturación son os que constan na ficha do rexistro do cliente. Os datos de facturación só será necesario introducilos se fosen distintos dos de envío.

7. Envíos

No caso dos envíos, o importe dos gastos de envío sumarase ao prezo total do pedimemto. Se fose un pedido de varios produtos, procuraremos agrupalos nun só envío, sempre que sexa posible e que isto non demore en exceso a entrega.
O custo definitivo do envío facilítase ao cliente no proceso de compra, no momento da confirmación de datos e sempre antes de confirmar a súa compra. O devandito importe inclúe o I.V.E. aplicable.
Nos envíos aos países non comunitarios A Libraría non se fará cargo en ningún caso do pagamento de impostos, aranceis aduaneiros ou outros custos

8. Recollidas

É posible recoller o pedido en A Libraría, dentro do horario establecido e sempre que o clente recibira a confirmación de que está dispoñible.

9. Entrega do pedido e da factura.

A Libraría fará entrega da correspondente factura ao cliente no momento de entrega do pedido. Para os envíos nacionais, o envío do pedido realizarase dentro dos 7 días hábiles dende a formalización da compra. Para os envíos internacionais, o prazo de entrega deberá ser previamente consultado con A Libraría. O cargo na tarxeta de crédito farase no momento do envío.

10. Seguridade e confidencialidade

As transmisións de todos os datos persoais realízanse a través de SSL (Secure Socket Layer), un sistema que garante a confidencialidade dos datos enviados. Os datos persoais que se solicitan son sempre os estritamente necesarios. A Libraría comprométese a non lles dar outro uso que o acordado e a non os ceder nin os vender a terceiros baixo ningún concepto. Estes datos quedan almacenados na base de datos de A Libraría . O cliente pode en calquera momento acceder a eles, dende a mesma web, para modificalos.

11. Como consultar o estado dun pedido

Para consultar o estado dos seus pedidos pendentes ten que entrar pola opción 'a miña conta' na parte superior dereita do menú principal. Despois de identificarse (páxina de 'login') poderá acceder á súa páxina de pedidos, onde atopará os títulos pendentes ordeados pola data de petición e unha indicación do estado do pedido.

12. Cancelacións e desistimento

Os pedidos pódense cancelar sen custo antes de que o envío se faga efectivo. Se recibimos o aviso de cancelación unha vez o paquete estea enviado, considerarémolo unha devolución.
Se vostede decide exercer o seu dereito ao desistimento, deberá encher o correspondente formulario de desistimento, indicando o número de pedido e remitindo o produto polo mesmo conduto que o recibiu e en perfecto estado de conservación. As devolucións poden ser feitas ata 7 días hábiles despois da recepción do produto, sempre e cando estes non fosen abertos nin usados e conserven -no seu caso- o precinto ou embalaxe orixinal. Isto non será aplicable á venda de artigos que poidan ser reproducidos ou copiados con carácter inmediato ou que por razón da súa natureza, non poidan ser obxecto de devolución, entre os que se encontran os ebook e demais artigos incluídos no artigo 102 da Lei Xeral para a Defensa de Consumidores e Usuarios.
No caso de producirse a devolución, os gastos de envío corren a cargo do cliente. Naturalmente, quedan excluídas deste suposto aquelas devolucións que se deriven dun erro noso ou dalgún defecto do produto servido. Nese caso, A Libraría comprométese a cambiar o produto defectuoso por outro e farase cargo dos gastos de devolución e de envío. Se non puidese facerse o cambio, reintegrarase o importe.

13. Xurisdición Aplicable

No suposto de que xurda calquera conflito ou discrepancia na interpretación ou na aplicación das presentes condicións contractuais, os Xulgados e Tribunais que, de se-lo caso, coñecerán do asunto, serán os que dispoña a normativa legal vixente en materia de xurisdición competente, na que se atende, tratándose dos consumidores finais, ao lugar do cumprimento da obriga ou ao do enderezo da parte compradora.
Todo iso sen prexuízo da facultade do cliente de acudir á Xunta Arbitral de Consumo da súa demarcación.
No caso de que se trate dunha compravenda realizada por unha empresa, ámbalas dúas partes sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais de CIDADE ONDE SE SITÚA A LIBRARÍA (A Coruña-España).