Protección de datos


Responsable do Ficheiro

Os datos do responsable dos ficheiros nos que se incluirán os datos persoais recollidos e tratados dende esta páxina web son:
LIBRERÍA LUME
c/FERNANDO MACÍAS 3, BAJO 15004 A CORUÑA
981263408
info@librerialume.es

Usos e Finalidades dos Datos Recollidos

Os datos que vostede nos facilita a través desta web, formarán parte dos ficheiros titularidade da LIBRERÍA LUME (de agora en diante, A Libraría), coas finalidades que se detallan a continuación:

. Xestión da Venda: Cando adquire un produto a través da nosa web, os datos facilitados nos apartados "datos de envío" e "datos de facturación", de se-lo caso, utilizaranse para levar a cabo a tramitación e a xestión da venda e a súa posterior facturación. Así mesmo, os datos facilitados a través do formulario "Pedidos especiais" utilizaranse igualmente para tramitar a súa solicitude de pedido especial.

. Realizar Ofertas, Promocións e Sorteos: A información que vostede nos proporcione a través dos nosos formularios de recollida de datos, poderá ser utilizada para a organización de promocións e sorteos de produtos comercializados a través da nosa páxina web. Cada promoción, oferta ou sorteo contará coas súas propias condicións particulares.

. Envío de Información: A Libraría utilizará os datos persoais que o usuario proporcione no apartado "contacte connosco" para responder ás solicitudes da información que nos solicite. A información introducida nos formularios ou nos correos electrónicos de contacto empregarase, ademais, para enviarlle información de interese sobre as novidades dos produtos comercializados, así como as promocións, concursos e ofertas realizadas pola libraría. Esta información envíase por vía postal e/ou electrónica. Os usuarios que non desexen recibir este tipo de información poden comunicalo á dirección de correo electrónico: info@librerialume.es .

. Xestión de Usuarios: A información que nos proporcione no formulario de rexistro "a miña conta" será utilizada para a xestión dos clientes e usuarios que utilicen os nosos servizos a través da páxina web.

. Será obrigatorio encher os respectivos cuestionarios para obter os respectivos obxectivos, non sendo posible acadar os fins indicados sen a obtención da referida información persoal.

Comunicación de Datos a Terceros

O Responsable do Ficheiro ten prevista a comunicación dos seus datos persoais a terceiros nos supostos que se detallan a continuación:

. Por disposición legal: Os seus datos serán comunicados a terceiros nos supostos nos que unha disposición legal así o estableza (administracións públicas, autoridades administrativas ou xudiciais...etc.).

. Xestión de pagamentos e cobramentos: Os seus datos persoais serán comunicados a terceiros cando sexa necesario para formalizar e xestionar o pagamento dos produtos ou servizos adquiridos (paypal, entidades bancarias ou caixas de aforros).

. Os datos de carácter persoal que resulten necesarios para prestar os servizos contratados serán comunicados aos terceiros necesarios para a prestación dos nosos servizos (administracións públicas, rexistros oficiais ou outros profesionais coma notarios...etc).

. Gañadores de Sorteos, Promocións e Concursos: A Libraría publicará os datos identificativos dos gañadores dos sorteos, promocións ou concursos. Estes datos (nomes) serán publicados na nosa páxina web e nas diversas redes sociais nas que A Libraría teña conta ou perfil corporativo.

Confidencialidade

A Libraría obrígase, de acordo establece o artigo 10 LOPD, a gardar o segredo respecto dos datos persoais tratados, mesmo despois de finalizada a relación comercial entre ámbalas dúas partes, e esta obriga estenderase a todo o persoal da súa organización que acceda aos devanditos ficheiros.

Exercicio de Dereitos

Informámoslle do dereito que lle asiste para exercer os seus Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío da solicitude do exercicio correspondente xunto coa copia dun documento oficial que o identifique (DNI, carné de conducir ou pasaporte) ao enderezo do Responsable do Ficheiro. Para solicitar información sobre a forma de exercer estes dereitos vostede pode dirixirse á páxina web da Axencia Española de Protección de Datos: www.agpd.es