O INSPECTOR E MAIS EU

O INSPECTOR E MAIS EU
Editorial :
XERAIS
Ano de edición :
ISBN:
978-84-9121-126-6
Páxinas :
320
Encadernación :
Otros
Dispoñibilidade :
Dispoñible en 1 semana
Colección :
NARRATIVA

19,95 €

A vida de Sandra Val, experimentada profesional dedicada á fotografía boudoir, transcorre con tranquilidade na apracible vila de Marende, ata que un día recibe a visita do inspector Roque Barallobre. Este, un home moi atractivo, solicita a súa axuda para resolver un caso policial de secuestro.
A relación co inspector e os sentimentos que este provocará nela irán afectando a Sandra ao tempo que van desfilando polo local os clientes do seu negocio; todos mostran a súa personalidade durante as sesións fotográficas, como cabe esperar dun sitio onde as persoas son retratadas en roupa interior. A través destes personaxes debúxase dun xeito ácido o bulir da vila de Marende.
As pretensións amorosas da protagonista ?contadas en clave de humor? son transparentes, pero atopan a dificultade incómoda da antiga moza de Roque, que aparece na narración como unha rapaza ideal, intrépida e fermosa. Sandra intentará sobrepoñerse acompañada do seu irmán e da súa axudante no estudio fotográfico.
Nesta novela, Ignacio Vidal explora a identidade dunha muller liberal e moderna, mergullada nas contradicións que o amor leva á súa vida.

Outros libros do autor

LARA E SABELA
SANGUE NO DRON
DIÓXENES EN DOLORIDA