ANTÍA E DAREN. O MISTERIO DOS TORQUES ROUBADOS

ANTÍA E DAREN
Editorial :
XERAIS
Ano de edición :
Materia
Infantil
ISBN:
978-84-9121-752-7
Páxinas :
256
Encadernación :
Rústica
Dispoñibilidade :
Dispoñible en 1 semana

12,95 €

O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade: a bibliotecaria Severiana Pratas denunciou o roubo duns valiosos torques. O xefe de policía xa soña cun ascenso. O que non sabe é que dous rapaces, Antía e Daren, tamén están facendo as súas propias pescudas. Resolverase o enigma dos torques roubados?
Unha orixinal novela de misterio chea de retranca e desbordante humor.