- Editorial:
- IR INDO
- Ano de edición:
- 1992
- ISBN:
- 978-84-7680-075-1
- Páxinas:
- 191
ALEXANDRO BÓVEDA
ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
Un feito incomprensible acontecía na década dos oitenta: un libro era secuestrado en plena democracia. O seu autor, Xosé Mª Álvarez Blázquez, comprobaba con amargura como, unha vez máis, se facía unha inxustiza co seu biografado, Alexandro Bóveda. Houbo que agardar dez anos para sacar á luz este libro, Bóveda aínda non era aceptado nunha democratización feble. Bóveda, un home valente e honesto, íntegro, de traballo silandeiro, de corredor de fondo á procura dunha única meta: o ben colectivo.