0

Búsqueda de Editorial : XERAIS 1386 resultados

  • O INCENDIO
    O INCENDIO
    VILA ALONSO, SARA
    Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da súa avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte vínculo coa súa avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece. Cunha voz...
    En stock

    17,95 €

  • DONA PROBLEMAS. SALVADORA DA ESCOLA
    DONA PROBLEMAS. SALVADORA DA ESCOLA
    O HEMATOCRITICO
    Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer» especializada en educación que, ademais, expón toda a súa vida nas redes. O que podía parecer algo superdivertido, convértese nunha tortura para os estudantes, e Dona P...
    En stock

    12,50 €

  • A REDE BRANCA
    A REDE BRANCA
    MORGAN, PACO
    Ambientada na cidade portuaria de Úrvida (que se pode identificar con Vigo), «A rede branca» é unha trepidante novela negra cunha estrutura coral formada por catorce personaxes protagonistas que van entrelazando as súas historias para debuxar un regueiro de cocaína que, como nunha carreira de remudas, circula desde restaurantes de luxo até patios de prisión. Un narcotraficante ...
    En stock

    14,50 €

  • A SOIDADE DAS NENAS
    A SOIDADE DAS NENAS
    BEIZANA VIGO, MIRIAM
    Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormen...
    En stock

    13,95 €

  • AS PEREGRINACIONS A COMPOSTELA
    AS PEREGRINACIONS A COMPOSTELA
    ANDRADE CERNADAS, XOSÉ MIGUEL
    Que as peregrinacións a Compostela son un fenómeno multitudinario é obvio. A inflación xacobea é algo que se sente na cidade de Santiago e noutras partes do país, máxime cando hoxe está ligada ao desenvolvemento dun turismo de masas que ameaza a Galicia. Mais cal é a relación destas peregrinacións coa súa historia? Foron sempre así? As ducias de «camiños de Santiago» son reais ...
    En stock

    17,95 €

  • (G).NINGUEN CONTARA A VERDADE.(PREMIO XERAIS 2023)
    (G).NINGUEN CONTARA A VERDADE.(PREMIO XERAIS 2023)
    FEIJOO, PEDRO
    Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas. Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, ...
    En stock

    24,95 €

  • DO ABRAZO
    DO ABRAZO
    ALLEGUE, AZUCENA
    Os abrazos son de cor verde e crían bolboretas. Son simbióticos e soan a ritmo de rock. Veñen sen instrucións de uso, pero teñen uns pasos moi claros e marcados. Son flexibles e adaptables, sempre emocionais. Abrazos vividos e non vividos, apertas pensadas e repensadas, abrazos imaxinados, esquecidos, lembrados, e mesmo abrazos deixados a deber. ...
    En stock

    12,95 €

  • O CENTO VOANDO
    O CENTO VOANDO
    O libro que tes nas mans xorde dun impulso, dunha necesidade de pór en común algo que non é novo, pero do que se escribiu pouco. Aquí encontrarás paxaros que non mercaron o discurso hexemónico e capitalista do amor e que se lanzaron a voar libres, valentes; reflexións sobre maternidades bisexuais e non-monógamas; reivindicacións da potencialidade revolucionaria das amigas e ami...
    En stock

    19,95 €

  • A CURVA DA PANTASMA
    A CURVA DA PANTASMA
    ALONSO, FRAN
    As lendas urbanas tamén forman parte da rica tradición oral que deu lugar á literatura. Hoxe desenvólvense nun contexto moderno e transmítense por medio das novas tecnoloxías, pero ao mesmo tempo teñen moita historia. Partindo da estrutura e do espírito das lendas urbanas, Fran Alonso reescríbeas desde o presente en "A curva da pantasma", sen renunciar ao medo e ao misteri...
    En stock

    12,95 €

  • A MULLER XABARIL
    A MULLER XABARIL
    CASALDERREY, FINA
    Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelectual, se fora convertendo nun repulsivo esperpento, nun animal. A Muller Xabaril percorría o mundo cun saco ao lombo e nel, ademais de quincallas do seu cotián vagabundo, levaba libros. Deambulaba acompañada do Luís, o seu can e fiel escudeiro. O relato de Ramiro, envolto...
    En stock

    18,95 €

  • BRINDE E DESESPERO
    BRINDE E DESESPERO
    SANDE, MIGUEL / MIGUEL SANDE
    «Brinde e desespero» é unha observación distinta dos lazos familiares utilizando a palabra en vez do bisturí para extirpar un sentimento. Esoutra visión do amor na madurez como nunca se dixo antes. O ollar, coma un obxectivo, a enfocar os detalles máis cotiáns que temos diante e, en tantas ocasións, non nos decatamos. Un brinde pola imposibilidade. O desespero como algo doce na...
    En stock

    12,95 €

  • BULLYING
    BULLYING
    ALONSO, ALEX
    Mergullándose en temas que centran o universo adolescente, como as redes sociais, a homosexualidade e, sobre todo, o acoso escolar, "Bullying", de Álex Alonso, foi galardoada co Premio de Narración Curta Ánxel Fole. A mellor reflexión sobre a novela está nas palabras iniciais do seu protagonista: «Cada vez que entro ao instituto penso no inferno, e, sinceramente, preferiría mel...
    En stock

    12,95 €

  • MULTITUDES
    MULTITUDES
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a...
    En stock

    18,95 €

  • A PARTE FÁCIL
    A PARTE FÁCIL
    RAMOS, ISMAEL
    As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen "A parte fácil" aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes... A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen a...
    En stock

    17,50 €

  • OS CORPOS INSCRITOS E OS TEXTOS ESCRITOS
    OS CORPOS INSCRITOS E OS TEXTOS ESCRITOS
    BACEIREDO, REBECA
    O xénero foi tradicionalmente o obxecto de intercambio, o obxecto devido en mercadoría. O xénero, en tanto que conformación sexual cultural e en tanto que tecido (téxtil), fixo recaer ou axudou a atribuír a condición subalterna sobre a conformada feminidade. Elas son o xenérico, o Outro difuso, mentres que a masculinidade hexemónica se apropiou da condición de suxeito que osten...
    En stock

    19,95 €

  • UNHA NOVA DIMENSIÓN
    UNHA NOVA DIMENSIÓN
    IGLESIAS, ANXO
    A partir do concepto xeométrico de dimensión artéllase este delicioso libro de poemas onde prima a compoñente lúdica e imaxinativa que conecta directamente co mundo da infancia. A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha dimensión con entidade propia. Ler «Unha nova dimensión» é asistir a un festival de cr...
    En stock

    13,50 €

  • CICUTA PARA DOUS
    CICUTA PARA DOUS
    LEIRA, ROCIO
    «Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas do...
    En stock

    12,95 €

  • PECADOS VENIAIS
    PECADOS VENIAIS
    LÓPEZ, NAZARET
    Vinganza, traizón, envexa, ira, mentiras, luxuria, avaricia. Casualidades e causalidades. Faltas máis ou menos graves, erros fatais. Coma elos dunha mesma cadea, as mulleres que transitan por «Pecados veniais» teñen en común a circunstancia de que nun intre da súa vida algo as leva a tomar decisións, a adoptar condutas, a converterse en protagonistas de sucesos que xamais imaxi...
    En stock

    18,95 €

  • O MOUCHO VOA
    O MOUCHO VOA
    VÁZQUEZ FREIRE, MIGUEL / MIGUEL VAZQUEZ FREIRE
    "O moucho voa" é un libro pensado para introducir a mocidade na filosofía. Está constituído por 25 conversas, amenas e desenfadadas, organizadas nos catro temas principais dos que se ocupa a filosofía tradicionalmente: o Ser, obxecto da ontoloxía; a Verdade, obxecto da teoría do coñecemento ou pistemoloxía; o Ben, obxecto da filosofía moral ou ética; e a Xustiza, obxecto da fil...
    En stock

    12,95 €

  • ESTRANXEIRAS
    ESTRANXEIRAS
    P.G. GRANXEIRO, CARMEN
    A condutora da Kawasaki negra chega a Santa Mariña de Augas Novas sen intención de ficar, inmersa nunha fuxida que a fixo abandonar Berlín ás présas e levando consigo pouco máis que o portátil e unhas mudas. A menos de dous quilómetros, noutro punto da aldea, Maruxa recibe a súa neta Mara e a crianza desta que, coa intención de pasar o verán na casa familiar, descargan algunhas...
    En stock

    18,50 €

  • AS MULLERES QUE CULTIVABAN NÉBOAS
    AS MULLERES QUE CULTIVABAN NÉBOAS
    GREGORES, BEA
    Mamá é unha muller forte. Papá é un home estraño. Cando chega, todo se tingue dunha mancha escura, e da súa boca saen palabras que se cravan coma frechas no meu peito. ...
    En stock

    16,50 €

  • CANDO OS LOBOS ESCOITABAN A RADIO
    CANDO OS LOBOS ESCOITABAN A RADIO
    BOUZAS, PEMÓN
    En 1950, once anos despois da súa estrea mundial, chegaba aos cines españois a película «Foise co vento». A sociedade española, esfarelada polos desastres da guerra, pola pobreza e pola fame, andaba na procura da supervivencia na nova normalidade implantada polos vencedores, once anos despois de rematada a contenda. Porén, movéndose por un territorio indómito no que a paisaxe ...
    En stock

    18,95 €

  • OS ANOS DO SILENCIO
    OS ANOS DO SILENCIO
    ÁLVAREZ CASTRO, XOSÉ
    Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», publicado tamén por Xerais en 2013. Nesta nova obra, amplía o territorio estudado a toda a provincia e o espazo temporal ata principios da década de 1950. O libro analiza ...
    En stock

    28,50 €

  • SANGUE NO DRON
    SANGUE NO DRON
    VIDAL PORTABALES, IGNACIO
    Na Cidade das Campás, nun mundo distópico, Lan é un mozo orfo quedeseña e manexa os seus drons CL4. Malvive no Subterráneo grazas ávenda de datos informáticos, que consegue conectándose ás redes daDitadura Privilexia Bélica. Coñece a Chía, adicta ao Centroprazol,unha droga perigosa, e ambos os dous cooperan na loita ata que afortuna abandona a moza nun lance cos inimigos. Namor...
    En stock

    12,95 €

  • NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA
    NON PENSES NUN ELEFANTE ROSA
    YÁÑEZ, ANTÍA
    Aurora é nova, independente, ten traballo, amigas, vive soa na cidade, le novelas eróticas, sae cando quere e déitase con quen lle prace.Todo sería perfecto... se non fose porque na súa existencia case nadavai como debería. A súa vida cambalea, a súa parella abandonouna, foxe das súas amigas para non ter que dar explicacións e prefire manterseafastada da familia. Un día, por ca...
    En stock

    19,50 €

  • OS SOÑOS DE MIGUEL
    OS SOÑOS DE MIGUEL
    IGLESIAS TURNES, MANUEL
    Miguel é un mozo novo, orfo de nai, que será criado polos avós baixo unha disciplina férrea baseada na autoridade propia da ditadura franquista. Despois dun misterioso accidente sufrido polo pai, Miguel vese na obriga de levar o peso do traballo que se fai na casa duns bos labradores como son os de Branco. Con todo, el nunca deixa de soñar cun proxecto de vida que lle permita h...
    En stock

    19,50 €

  • FINAL FELIZ
    FINAL FELIZ
    QUEIPO, XAVIER
    Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente. A través delas sentimos o voo dos estorniños nun ceo de Istanbul envurullado en murmurios do Oriente; abrimos o armario encaixado na súa coiraza de pedra para deixar fuxir os f...
    En stock

    17,95 €

  • FORMIGAS 4. MISIÓN ROSALÍA
    FORMIGAS 4. MISIÓN ROSALÍA
    TOBARUELA, PERE / PERE TOBARUELA
    FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Rosalía» os FORMIG4S son alertados de que a obra da célebre poeta se está a esvaecer. Para investigar este estraño suceso han viaxar no tempo ata o século XIX por Compostela e...
    En stock

    13,50 €

  • DICIONARIO DA NOVA LITERATURA GALEGA
    DICIONARIO DA NOVA LITERATURA GALEGA
    ALONSO MONTERO, XESÚS / NICOLAS, RAMON / ALONSO MONTERO,XESUS
    Este Dicionario da nova literatura comezou a fraguarse a finais da década dos anos sesenta do pasado século a través dunha enquisa que o profesor Xesús Alonso Montero deu en distribuír entre as persoas do mundo literario galego que non tivesen obra publicada antes do ano 1936. Velaquí hoxe, máis de cincuenta anos despois, aquel proxecto en forma de libro. Oitenta e seis persoas...
    En stock

    18,95 €

  • O DÍA DOS VIVOS. OS MINIMORTOS
    O DÍA DOS VIVOS. OS MINIMORTOS
    COSTAS, LEDICIA
    A noite do Samaín é a máis importante do ano. A Bruxa Xefa celebra na súa casa unha festa de disfraces e convida só a algúns afortunados. Todos os habitantes do Outro Barrio agardan nerviosos polo seu convite mentres deseñan disfraces terroríficos para a ocasión. Pero, que será o que lles dá medo aos Minimortos? Un vampiro? Un lobishome? Un problema de matemáticas? E o máis imp...
    En stock

    13,50 €


01 02 03 04 05 06 07 08 09 10