0
O VOLFRAMIO EN VARILONGO

O VOLFRAMIO EN VARILONGO

SANTA COMBA DE XALLAS (1941-1963)

BLANCO RAMOS, CARMEN

19,50 €
IVA incluido
Descatalogado
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2016
Materia
Galicia
ISBN:
978-84-9914-991-2
Páginas:
152
Encuadernación:
Rústica
Colección:
CRÓNICA MEMORIA
19,50 €
IVA incluido
Descatalogado
Añadir a favoritos

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co ?mineral? que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes? A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó xeito popular, como as ?cantareas? recollidas nun capítulo deste libro.
É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben pagos e veciños que andaban ?á roubeta? perseguidos pola Garda Civil. Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.
Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.
Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.
Xesús Alonso Montero

Artículos relacionados

  • HISTORIA DAS HISTORIAS DE GALICIA
    HISTORIA DAS HISTORIAS DE GALICIA
    DUBERT, ISIDRO.(ED.) / DUBERT, ISIDRO / GAGO,MANUEL / GONZÁLEZ GARCÍA, FRANCISCO / ANDRADE CERNADAS, XOSÉ MIGUEL / ANSELMO LÓPEZ CARRE
    No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido ...
    En stock

    24,95 €

  • O PILOTO. EL ÚLTIMO GUERRILLERO
    O PILOTO. EL ÚLTIMO GUERRILLERO
    EIRÉ LÓPEZ, AFONSO
    Xosé Luis Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), conocido popularmente como Piloto, no se convirtió en mito por ser el último guerrillero muerto en combate en todo el estado. Sus hazañas, su leyenda y la necesidad de los resistentes antifranquistas ya lo habían elevado la esa categoría en vida.Este libro no es solo una exhaustiva biografía que recoge toda su andadura y sus ...
    En stock

    14,96 €

  • LA CARTA
    LA CARTA
    GARCÍA CASAL, FELIPE
    En stock

    14,00 €

  • HÉROES DE GALICIA E DE ESPAÑA
    HÉROES DE GALICIA E DE ESPAÑA
    En stock

    10,00 €

  • REGIMIENTOS MILITARES EN GALICIA
    REGIMIENTOS MILITARES EN GALICIA
    PARDO GATO, JOSE RICARDO
    Consultar disponibilidad

    30,00 €

  • REGIMIENTOS MILITARES EN GALICIA
    REGIMIENTOS MILITARES EN GALICIA
    PARDO GATO, JOSE RICARDO
    Consultar disponibilidad

    30,00 €