- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-9151-580-7
- Páginas:
- 88
- Encuadernación:
- Rústica
FIZ VERGARA VILARIÑO. FOTOBIOGRAFÍA
RODRIGUEZ YAÑEZ, YAGO
Este libro pretende ofrecer, a través da unidade que conforman as visións fotográfica, pictórica e escrita, unha breve achega a algunhas das circunstancias biográficas e literarias que agroman na lírica da sinceridade que sen dúbida practicou Fiz Vergara Vilariño. De exquisita delicadeza, debeu loitar coa enfermidade e coa incomunicación dende a súa Lóuzara Xabreira, polo que solicitaba decontino as visitas e as epístolas dos seus camaradas.
Ó xeito dun trobador namorado, agardará por sempre, na compaña da soidade e da bremanza, a chegada da súa dama, xunto ó vello muíño e á Fonte da Cova, marco onde concorren os devanceiros e o retorno á infancia.
Fiz arelaba, unha vez desaparecese da vida, liberarse das ataduras físicas e que o seu corpo, alleo ó sufrimento, fose convertido nun ramallo de panqueixos e caraveis.