0
DICIONARIO DOS SERES MÍTICOS GALEGOS

DICIONARIO DOS SERES MÍTICOS GALEGOS

CUBA, XOÁN R. / REIGOSA, ANTONIO / MIRANDA, XOSÉ

50,95 €
IVA incluido
Descatalogado
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
2008
Materia
Mitoloxia Galega
ISBN:
978-84-9782-869-7
Páginas:
448
Encuadernación:
Otros
50,95 €
IVA incluido
Descatalogado
Añadir a favoritos

Dicionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada, na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ó tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes aportacións ó patrimonio cultural galego nos últimos anos.
Nas 710 entradas das que consta o Dicionario dos Seres Míticos Galegos pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da Estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña.
O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a Raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no Bergantín Pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ó escoitar o Paxaro da Morte; enfrontarase co Can Negro, co Lobo Branco, coa Peregrina, coa Zarrulada, co urco e coa Pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, Pozos Peagos e entradas do inferno, Camiños ó Alén e Cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Maríamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá o Ciprianillo e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.

Artículos relacionados

  • CÓDIGO CIVIL
    CÓDIGO CIVIL
    EDITORIAL TECNOS
    Esta nueva edición recoge la Ley de Bases de 1888 y las modificaciones al Código Civil más significativas. Asimismo, se actualizan las concordancias pertinentes de acuerdo con la Ley 40/2015, de 1 de octubre, de régimen jurídico del sector público, y la Ley 39/2015, de 1 de octubre, del procedimiento administrativo común de las Administraciones Públicas. Además, podrán encontr...
    Descatalogado

    16,40 €

  • CONTOS DO SACAUNTOS
    CONTOS DO SACAUNTOS
    Consultar disponibilidad

    13,00 €

  • VENTO E CHUVIA. MITOLOXIA DA ANTIGA GALLAECIA
    VENTO E CHUVIA. MITOLOXIA DA ANTIGA GALLAECIA
    GAGO,MANUEL / CRANEO,MANEL (ILUSTRADOR)
    Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en...
    Consultar disponibilidad

    24,00 €

  • ALENTO DE GAITA / SERES GALEGOS DAS AUTAS
    ALENTO DE GAITA / SERES GALEGOS DAS AUTAS
    Consultar disponibilidad

    12,00 €

  • DICIONARIO DE LOS SERES MÍTICOS GALLEGOS
    DICIONARIO DE LOS SERES MÍTICOS GALLEGOS
    CUBA, XOÁN R. / MIRANDA, XOSÉ / REIGOSA, ANTONIO
    Con el rigor de un diccionario y el hechizo de una novela apasionante, este libro constituye una de las más importantes aportaciones al patrimonio cultural gallego de los últimos años. En las 710 entradas de las que consta el Diccionario de los Seres Míticos Gallegos puede el lector encontrarse con gente pequeña, gigantes, ojancos, enanos, xacias, sirenas, xerpas, rabenos, enca...
    Descatalogado

    39,95 €

  • SERES GALEGOS DAS AUGAS
    SERES GALEGOS DAS AUGAS
    XOAN XOSE TEIJEIRO REY
    Consultar disponibilidad

    15,00 €

Otros libros del autor

  • CONTOS COLORADOS
    CONTOS COLORADOS
    CUBA, XOÁN R. / REIGOSA, ANTONIO / MIRANDA, XOSÉ
    Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da tradición oral de Galicia. Douscentos noventos contos, a maioría deles moi breves, dos considerados popularmente como de amores, rubios, pilleirentos, pícaros, pillabáns, eróticos ou porno-inxenuos, xa que todos eles falan, insinúan ou inciden en materia sexual.Reelaborad...
    Consultar disponibilidad

    10,00 €