- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA
- Año de edición:
- 2018
- ISBN:
- 978-84-9151-157-1
- Páginas:
- 80
- Encuadernación:
- Bolsillo
- Colección:
- DOMBATE
CARTAS DENDE O ESQUENZO
RAMOS, BALDO
É o diálogo entre un pai que envellece asfixiado pola perda da memoria e os seus fillos: un fillo que está dentro das súas palabras e unha filla que fala dende fóra, a pé da páxina.
Un esforzo por poñerse no lugar do que esquece, por delimitar o sentimento de quen é consciente de que camiña cara á amnesia, cara á disolución do seu eu nas palabras dos demais e nas que deixou escritas para evitar, dalgún xeito, o irremediable desenlace. Unha loita entre as linguaxes e a desaparición.